lunes, 20 de diciembre de 2021

BILINGUAL SECTION: CARDIO PULMONARY RESUSCITATION (PCR)AND AUTOMATED EXTERNAL DEFIBRILLATOR (AED).

 

Cardiac arrest, which often leads to a heart attack, is frighteningly common: every minute of every day there is another victim, according to the American Red Cross. Almost 80% of cardiac arrests occur at home and are witnessed by a family member.

 Would you know what to do if someone you loved experienced a cardiac emergency? 

Make sure you're prepared, it´s so important to have taken a CPR (cardiopulmonary resuscitation) class and get trained to use an automated external defibrillator, or AED. 

It could mean the difference between life and death.


YANIRA, MACI,ANXO, PAULA, NEREA


NARA, NOA, LUCÍA M, LUCÍA R, SILVIA, DANIELA



viernes, 17 de diciembre de 2021

GARDAS E TEMPO DE LECER ACTIVOS.

Durante todo o curso fixéronse gardas e tempo de lecer activos.

No periodo de garda o profesorado encargado da mesma baixounos ao patio con distintos materiais deportivos para que puidesen aproveitar o tempo movéndose.

No tempo de lecer: 1º e 2º ESO alternouse con 3º, 4º e FP básica as zonas de ocio. 

- Unha semana estivo na pista polideportiva 1º e 2º ESO e a semana seguínte ían para a zona das mesas de tenis de mesa.

 - 3º, 4º E FP básica, estaban na pista polideportiva cando 1º e 2º ESO estaban nas mesas de tenis de mesa e a semana seguínte cambiaban.

- 1º e 2º de bacharelato estiveron sempre no ximnasio.

Alternáronse deportes e xogos nas distintas zonas: tenis de mesa, voleibol, baloncesto, fútbol, balón prisionero, hockey...

martes, 14 de diciembre de 2021

SAÍDA DEPORTIVA AO URBAN PLANET DE OLEIROS.

O lúns día 13 de decembro o alumnado de 1º e 2º BAC acudiu a Oleiros a unha xornada diferente, ao "Urban Planet",  un lugar con máis de 50 camas elásticas interconectadas nas que puxeron a proba a súas habilidades de salto no trampoline park que conta con: canastas de baloncesto, canchas de Dodgeball e a  piscina de espuma máis grande de Galicia. 

Pasaron unha xornada deportiva e divertida!
Grazas polo voso comportamento exemplar, espero que disfrutárades ao máximo.


lunes, 13 de diciembre de 2021

RCP NA AULA.

 

 Cada ano hai 700.000 mortes en Europa por parada cardíaca súbita, 40% das victimas teñen vibrilación ventricular, hai un alto índice de recuperación si se actúa antes da asistolia.

O tratamento óptimo en caso de parada cardíaca en fibrilación ventricular é unha Reanimación Cardio respiratoria inmediata por testigo (RCP) máis unha desfibrilación eléctrica (DESA).

A supervivencia dunha persoa depende do inicio da cadea de supervivencia: unha RCP inmediata proporciona un flujo sanguíneo mínimo pero crítico para o corazón e o cerebro.

Neste programa que estase a levar a cabo na aula: "RCP na aula", aprendemos os distintos protocolos de actuación en caso de emerxencia: reanimación cardio respiratoria (RCP), o manexo do desfibrilador semiautomático (DESA), os eslabóns da cadea de supervivencia, a maniobra Heimlich...

Ademáis de traballar na aula cos muñecos de reanimación e co DESA, tamén fixeron unhas montaxes de vídeo repasando os distintos pasos do protocolo C de actuación, o máis completo, persoa INCONSCIENTE QUE NON RESPIRA

VIDEOS FEITOS POLO ALUMNADO

JOEL, DAVID, ALEXANDRE, LUCAS,ADRIÁN.

LIDIA, BEA, JAVI, IVÁN.

VICTOR, MARIO, GABRIEL, IVÁN.

miércoles, 1 de diciembre de 2021

PROXECTO: "VOZ NATURA", ROTEIROS EN BUSCA DE QUERCUS ROBUR

O departamento de Educación Física está colaborando co Proxecto "Voz Natura " que estase a desenvolver no centro, en concreto co referido ao cultivo de especies arbóreas autóctonas.

No mes de outubro fixéronse distintas saídas na contorna do IES polo Concello de Guitiriz na procura da especie arbórea Quercus Robur, máis tarde elaboráronse distintos roteiros tendo en conta as zonas onde se atopou dita especie.

A finais do mes de outubro e principios de novembro o alumnado de 2º, 3º e 4º ESO, na súa hora de Educación Física, percorreu os distintos roteiros elaborados pola contorna do Concello de Guitiriz para recoller sementes, landras,  do Quercus Robur do chan das carballeiras e zonas seleccionadas, coa finalidade de conservar a variedade das poboacions locais que serán as mellor adaptadas ás caracteristícas climáticas e edáficas do lugar.

As landras recollidas foron aquelas de maior tamaño e mellor aspecto ( cortiza marrón escuro e brillante).

De seguido mostramos as rutas elaboradas en función da presencia do Quercus Robur:

                                                                   

  RUTA A DOS ROTEIROS VOZ NATURA















lunes, 29 de noviembre de 2021

XADREZ NA AULA DE MATEMÁTICAS.

Durante os meses de novembro e decembro o profesor Xosé Ferreiro comezou a traballar na aula na clase de Matemáticas co alumnado de segundo ESO, ensinándolles a xogar ao xadrez, dentro do "Programa Proxecta: PVSD".

Comenzaron primeiro aprendendendo a xogar on line, para logo máis tarde pasar aos taboleiros.

O obxectivo desta actividade é formar ao alumnado de 2 ESO para poder máis tarde poñer en funcionamento a escola de xadrez na biblioteca do centro no tempo de lecer, contando con este alumnado como profesores do resto de alumnado do IES.







martes, 9 de noviembre de 2021

CAMIÑATA: PAISAXE DE OUTONO.

Saída realizada pola contorna de Guitiriz, co alumnado da materia "Paisaxe e sustentabilidade" de 2º ESO cos profesores Fátima e Jairo para estudar as estacións do ano, nesta ocasión en concreto o outono. Recolleron froitos, follas, ramas... e decoraron a entrada do IES con todo elo.

Os obxectivos da saída foron:
- Aprender a valorar a paisaxe do seu entorno máis próximo, así serán conscientes do importante que é conservalo e non deterioralo.
- Observar os cambios que se van producindo na paisaxe según as distintas estacións 
- Facer de guías na ruta, para así valorar os recursos paisaxísticos de Guiririz. 






martes, 2 de noviembre de 2021

XOGOS TRADICIONAIS NO SAMAÍN

O pasado venres día 29 de outubro todo o alumnado das tres etapas educativas do centro: ESO, BACHARELATO e FP Básica, participou nunha xornada de xogos tradicionais, aproveitando que no centro celebrabase o Samaín.

Os xogos populares teñen unha dimensión lúdica e educativa, e son parte importante da convivencia e cooperación en grupo. Posúen un gran valor socio-cultural que sobrepasa os aspectos lúdicos, pois cada xogo presenta diferentes características dependendo da zona na que se practica.
Os xogos defínense como a actividade física ou mental que ten a finalidade de divertirse e entreterse.

Algúns dos xogos cos que o alumnado puido disfrutar foron: Mariola, As catro esquinas, Os tres pés, A Rá, A Chave, Carreira de Sacos, Soga tira, Carreira de Chapas, Saltar a Corda, As lombas...

De seguido déixovos algunhas fotos e vídeos da xornada.




FOTOS E VÍDEOS DA XORNADA

martes, 5 de octubre de 2021

SAÍDA AO CENTRO DEPORTIVO D10. FITNESS:CYCLING, TRX; PADEL; TENIS E PISCINA CLIMATIZADA. BACHARELATO.

O pasado día 04 de outubro o alumnado de 1º e 2º de bacharelato foi acompañado polos profesores: José Engroba e Noemí Fernández ao centro Deportivo D10 en Outeiro de Rei (Lugo).

Practicaron deportes que non temos ao alcance no IES, tales como: Padel, Tenis, Fitness: TRX e Cycling e xogos na auga na piscina climatizada.

Grazas a todo o alumnado polo voso comportamento exemplar e pola vosa participación activa en todas as actividades.



martes, 14 de septiembre de 2021

RESUMO DA PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA 2021/2022 POR NIVEIS, DAS MATERIAS "EDUCACIÓN FÍSICA" E "VIDA SAUDABLE DE DEPORTIVA"

  Deixovos de seguido un enlace ao resumo da programación didáctica por nivel das materias de "Educación Física" e "Vida saudable e deportiva" para o curso académico 2021/2022.

RESUMO DA PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA DO CURSO ACADÉMICO 2021/2022 POR NIVEIS, DAS MATERIAS "EDUCACIÓN FÍSICA" E "VIDA SAUDABLE E DEPORTIVA".

MATERIAL NECESARIO PARA AS CLASES DE EDUCACIÓN FÍSICA

Deberedes traer unha bolsa ou mochila pequena (so para EF) cun “kit de E.F.”. 

Este consistirá no seguinte:

·      Unha esterilla deportiva identificada, para facer exercicio enriba dela no chán.

·      Unha máscara e un estoxo identificados para gardala de xeito seguro cando sexa necesario retirala. Sería aconsellable unha máscara de reposto.

·      Solución hidroalcohólica para unha desinfección frecuente das mans, ben identificada.

·   Botella de auga individual claramente identificada. Non existirá a posibilidade de hidratación en billas polo que cada alumno/a será o responsable da súa hidratación. Non se poderá compartir a botella de auga.

·      Roupa de cambio identificada: Camiseta e calcetíns, para cambiarse ao rematar a clase.

·     Toalla pequena identificada ou toallitas hixienizantes, para asearse ao rematar a clase no vestiario.

·   Roupa de abrigo, paraugas (en caso de ser necesario…) Imos facer clase a meirande parte do tempo ao aire libre.



PRESENTACIÓN DO PROTOCOLO PARA AS CLASES DE EDUCACIÓN FÍSICA POR MOR DA COVID-19

 




PROTOCOLO COVID NAS CLASES DE EDUCACIÓN FÍSICA

BENVIDOS!

 

Ola!

Como profesora do departamento de Educación Física do IES Poeta Díaz Castro de Guitiriz, douvos a benvida a este blogue.
Espero que pasárades un verán xenial e veñades coas pilas moi, moi carregadas para afrontar un novo curso académico, unha nova aventura.
Aquí informareivos de todo tipo de actividades relacionadas coa materia de Educación Física e co proxecto que coordina o departamento "Proxecta sobre vida activa e deportiva (PVAD)": tempo de lecer activo, saídas complementarias e extraescolares, proxectos, xogade...
Deixareivos calqueira cousa relacionada co mundo do deporte e da actividade física que considere que poida servos de utilidade.
Bo rumbo.



martes, 15 de junio de 2021

4º ESO E FP BÁSICA: SURF EN PRAIA DE BASTIAGUEIRO.

  O día 15 de xuño o alumnado de 4ºESO e FP Básica acompañado polas súas profesoras Nuria e Noe tivo a oportunidade de facer un bautismo de Surf na praia de Bastiagueiro (A Coruña), disfrutaron moito da experiencia e das ensinanzas dos magnificos monitores da Escola de Surf: Prado Surf.

Gracias a todos/as polo voso magnifico comportamento e saber estar!




ALGUNHAS FOTOS E VIDEOS DA XORNADA.


lunes, 14 de junio de 2021

1º e 2º BAC SURF EN PRAIA BASTIAGUEIRO.


 O día 14 de xuño o alumnado de 1º e 2º BAC acompañado polas súas profesoras Nuria e Noe tivo a oportunidade de facer un bautismo de Surf na praia de Bastiagueiro (A Coruña), disfrutaron moito da experiencia e das ensinanzas dos magnificos monitores da Escola de Surf: Prado Surf.

Gracias a todos/as polo voso magnifico comportamento e saber estar!







FOTOS E VÍDEOS DO BAUTISMO DE SURF

miércoles, 9 de junio de 2021

METRO MINUTO

 Ao longo dos dous primeiros trimestres do curso, o alumnado saiu a camiñar pola contorna de Guitiriz cun obxectivo, facer un metro minuto de Guitiriz para animar así ao alumnado do IES a acudir ao centro escolar desde distintos puntos do pobo ben andando ou en bicicleta e así promover hábitos de vida saudable.  Esta actividade esta relacionada co Proxecta: PDC e inter-proxectos co proxecto de nivel de 3º ESO: "Etiquetados".

A actividade comenzou saíndo a camiñar dende o IES, buscando puntos de interese e carteis artesanais  polo pobo e as súas bisbarras, unha vez atopados esos puntos e carteis foron etiquetados nun mapa de google. Tamén mediuse coa APP Strava canto tempo e metros levaba facer cada percorrido dende o IES ata os distintos puntos do mapa, sempre tentando que fose a ruta máis segura.


                    Podense ver algunhas fotos no seguinte link:   METRO MINUTO





PDC: PADEL, TENIS E PIRAGÜÍSMO CON 2º ESO.

O día 08 de xuño de 2021 o alumnado de 2º ESO acompañado dos seus profesores Fran Loureiro e Noemí Fernández fixo unha saída deportiva.

A primeira parada foi no centro deportivo "D10" de Outeiro de Rei en Lugo, alí puideron practicar Padel e Tenis nas súas magnificas instalacións.

Máis tarde visitaron a escola de piragüísmo do club "Cidade de Lugo", na beira do río Miño, preto das instalacións dos Robles en Lugo, puideron remar en kaiak e tamén nun barco dragón.


Podedes ver algunhas fotos da xornada no seguínte link: FOTOS DA XORNADA.





lunes, 7 de junio de 2021

PDC: ESCALADA NO VERAL CON 3º ESO.

 O 07 de xuño o alumnado de 3º ESO acompañado dos seus profesores: Martín Lazcano, Fran Loureiro e Noemí Fernández foron a escalar ao Veral en Lugo.

Ademáis desta actividade, ao finalizar, fixeron un percorrido de "Orientación Deportiva" e construiron refuxios para o sol, a choiva, o vento...

A empresa coa que fixemos estas actividades foi Petis Rock.

Deixovos un enlace para que podades ver algunhas fotos dese día: FOTOS DA XORNADA






jueves, 27 de mayo de 2021

PDC E PROXECTO DIDÁCTICO DE AULA INTERDISCIPLINAR 1º ESO:, CABULLERÍA: CRUCEIRO.

 Esta actividade está enmarcada dentro do Proxecta: Proxecto Deportivo de centro, e forma parte do curriculo de 1º ESO da materia de Educación Física.

Tamén está enmarcada dentro do proxecto didáctico de 1º ESO: Cruceiro.

O alumnado asistiu a un curso básico de nudos mariñeiros no ximnasio do barco, o cal seralles de gran utilidade mentras dure a viaxe.



                                        https://view.genial.ly/60affe72bbf52b0db1f2831a


martes, 25 de mayo de 2021

PDC E PROXECTO DIDÁCTICO DE AULA INTERDISCIPLINAR DE 1º ESO: PARQUE DE AVENTURA: ROQ PARK 2021

Hoxe, 25 de maio de 2021, o alumnado de 1 ESO acompañado polas súas profesoras: Irene, Inés e Noemí visitamos o  parque de aventura Roq Park de Viveiro pola mañá,  actividade enmarcada dentro do Proxecta: PDC, pola tarde estivemos en Viveiro: mirador de San Roque, Ermita de San Roque e Cova do Santo, tamén en Cervo no Museo do Mar, Carpintería da Ribeira e na Fábrica de Salgadura, actividade enmarcada dentro do proxecto didáctico de 1º ESO: Cruceiro.

https://view.genial.ly/60aebba3fc3a130d3f9baa76

Despois dun ano tan triste e con tan pouco movemento, espero que o pasarades moi ben na saída.



Podedes ver máis fotos no seguinte link: FOTOS E VÍDEOS DA XORNADA

lunes, 24 de mayo de 2021

RÁFTING 2021


Hoxe día 24 de maio de 2021, o alumnado de 1º BAC acompañado polos seus profesores Martín, Inés e Noemí, foron a un bautismo de Ráfting no Río Ulla coa empresa Arrepións, primeira empresa galega de Turismo Activo e na actualidade unha das máis antiguas de España:

Arrepións gracias por todo sodes xeniales, foi unha experiencia inolvidable que disfrutamos a tope.

Alumnado gracias polo voso comportamento, exemplar coma sempre!




                                          FOTOS ESPECTACULARES DA XORNADA





viernes, 14 de mayo de 2021

PDC E PROXECTO DIDÁCTICO DE AULA INTERDFISCIPLINAR DE 1º ESO: XORNADA DE SENSIBILIZACIÓN: GOALBALL.

O noso alumnado de 1º ESO, disfrutou do deporte paralímpico"Goalball", o mércores 12 e o venres 14 de maio gracias á colaboración do Departamento de Orientación, a Fundación ONCE e o Departamento de Educación Física, actividade enmarcada dentro do Proxecta: Proxecto Deportivo de Centro e máis no proxecto didáctico de aula de 1º ESO.




jueves, 13 de mayo de 2021

PROXECTO DIDÁCTICO DE AULA INTERDICIPLINAR DE 2º ESO: MISIÓN 4, SALVAR A COLÓN.

 

Un polizón inglés do século XVIII cólase na nave que leva a Cristovo Colón ata América e envenénao para evitar que sexa el o descubridor de América e dar a oportunidade ós anglosaxóns de conquistar tan vasto continente. Só a poboación indíxena da illa de Guanahani teñen o antídoto, pero non poden comunicarse cos recén chegados porque non falan a súa lingua. Os bolseiros deben aprender o idioma indíxena e ser quen de descifrar a receita do antídoto para salvar a Colón dunha morte segura.



Os bolseiros terán que conseguir chegar remando a illa de Guanahani; é importante conseguir o antídoto, para elo reúnense e planifican como o farán.


Pódese consultar a misión interdisciplinar enteira no seguinte enlace:





miércoles, 12 de mayo de 2021

CHARLA : CIDADE DE LUGO DE PIRAGÜÍSMO.

O pasado martes 11 de maio tivo lugar no centro unha charla didáctica para acercar ao alumnado de 1º e 2º ESO a un deporte novo: piragüísmo.

A charla foi impartida por un profesional do clube "Cidade de Lugo de piragüísmo"

Moitas gracias pola vosa atención e respeto!



martes, 11 de mayo de 2021

FACEMOS ACTIVIDADE FÍSICA: BAILAMOS DESPEDINDO A 2º BAC.

 

O alumnado de 2º BAC da materia de "Vida Saudable e Deportiva" preparou para a materia unha coreografía, que logo a profesora de Educación Física ensinou a todo o alumnado.
Polo que o luns, día 10 de maio, despedimos a 2º BAC bailando todo o centro xuntos na pista polideportiva, eso sí respectando as medidas Covid: grupos de convivencia, distancia de seguridade, mascarilla e aire libre.
Parabéns a todo o alumnado pola vosa implicación!
Gracias.


                                                         BAILAMOS TODO O CENTRO




lunes, 10 de mayo de 2021

PREMIOS PROXECTA: PROXECTO DEPORTIVO DE CENTRO,

PREMIO A CLASE DE VIDA SAUDABLE E DEPORTIVA DE 2º BAC pola traxectoria deportiva nas distintas actividades plantexadas no Proxecto Deportivo de Centro.



martes, 4 de mayo de 2021

EN BUSCA DOS VALORES PERDIDOS!

Esta actividade foi organizada pola profesora Noemí Fernández Pedraza e a auxiliar de conversación Prachi, realizouse co alumnado de  3º ESO non bilingüe, 3º ESO bilingüe e 4º ESO bilingüe.

1) Primeiro organizaronse as distintas clases en pequenos grupos.

2) Cada tres minutos deuse a saída a un grupo, o cal tería que ir en busca dos valores perdidos coa axuda dun mapa( MAPAS 1, 2, 3, 4 E 5)

3) Cada grupo levou un mapa do IES e tivo que facer un percorrido sinalizado no mesmo, despois de pasar por cada lugar marcado cun número no mapa ( tiñanse que fixar que letra e número atopaban en cada punto sinalizado) o grupo tivo que acudir a un punto de control onde estaban as profesoras e decir a letra e número atopados en cada punto.

4) Cada vez que o grupo enteiro acudiu ao punto de control, se a letra e número atopados en cada punto era correcto, entón escollían dunha caixa unha tarxeta cun reto de entre varios.

Véase exemplo en inglés dos mesmos:

a) Try to hum a song until someone from the group guesses the song.

b) Do ten push ups

c) Do the macarena dance for 30 seconds

d) Take a round of the playground while hopping on one foot.

e) Let the group yell out random animals for a minute, and you have to impersonate them all ( at least five)

f)  Do the best impersonation of someone in your class

g) Do three double jumps with the jumping rope.

h) Go a whole minute without blinking

5) O grupo enteiro fixo cada reto proposto e por cada un ben feito, obtivo uns papeles cunhas letras escritas.

6) Ao finalizar todo o percorrido, tiveron que construir coas letras obtidas dos distintos retos, dúas palabras relacionadas con valores deportivos, valores da vida.

Os cursos bilingües tiveron que contruir as palabras en inglés e os non bilingües en español.



-VALUES: ATTITUDE, HEALTHY, HEARTFELT, FRIENDSHIP, HELP, RESPECT, FELLOWSHIP, STRENGHT, EFFORT, WORK, OPPORTUNITY, FEAR, EQUALITY, DISCIPLINE, LIFE, PEACE, FORMATION.

-VALORES: TRABAJO, JUSTICIA, AUTOCONTROL, ENTUSIASMO, LIDERAZGO, COOPERACIÓN, HUMILDAD, COMUNICACIÓN, VALENTÍA, ADAPTABILIDAD, MOTIVACIÓN, EQUIPO, EJEMPLARIDAD, CONFIANZA, RESPETO, ESFUERZO, AUTODISCIPLINA, PASIÓN, EMOCIÓN.


                                                                                                                                          MAPA 1                                   MAPA 2                                            MAPA 3
        
                                                 MAPA 4                                         MAPA 5