viernes, 17 de diciembre de 2021

GARDAS E TEMPO DE LECER ACTIVOS.

Durante todo o curso fixéronse gardas e tempo de lecer activos.

No periodo de garda o profesorado encargado da mesma baixounos ao patio con distintos materiais deportivos para que puidesen aproveitar o tempo movéndose.

No tempo de lecer: 1º e 2º ESO alternouse con 3º, 4º e FP básica as zonas de ocio. 

- Unha semana estivo na pista polideportiva 1º e 2º ESO e a semana seguínte ían para a zona das mesas de tenis de mesa.

 - 3º, 4º E FP básica, estaban na pista polideportiva cando 1º e 2º ESO estaban nas mesas de tenis de mesa e a semana seguínte cambiaban.

- 1º e 2º de bacharelato estiveron sempre no ximnasio.

Alternáronse deportes e xogos nas distintas zonas: tenis de mesa, voleibol, baloncesto, fútbol, balón prisionero, hockey...

No hay comentarios:

Publicar un comentario