miércoles, 1 de diciembre de 2021

PROXECTO: "VOZ NATURA", ROTEIROS EN BUSCA DE QUERCUS ROBUR

O departamento de Educación Física está colaborando co Proxecto "Voz Natura " que estase a desenvolver no centro, en concreto co referido ao cultivo de especies arbóreas autóctonas.

No mes de outubro fixéronse distintas saídas na contorna do IES polo Concello de Guitiriz na procura da especie arbórea Quercus Robur, máis tarde elaboráronse distintos roteiros tendo en conta as zonas onde se atopou dita especie.

A finais do mes de outubro e principios de novembro o alumnado de 2º, 3º e 4º ESO, na súa hora de Educación Física, percorreu os distintos roteiros elaborados pola contorna do Concello de Guitiriz para recoller sementes, landras,  do Quercus Robur do chan das carballeiras e zonas seleccionadas, coa finalidade de conservar a variedade das poboacions locais que serán as mellor adaptadas ás caracteristícas climáticas e edáficas do lugar.

As landras recollidas foron aquelas de maior tamaño e mellor aspecto ( cortiza marrón escuro e brillante).

De seguido mostramos as rutas elaboradas en función da presencia do Quercus Robur:

                                                                   

  RUTA A DOS ROTEIROS VOZ NATURA















No hay comentarios:

Publicar un comentario