O día 08 de xuño de 2021 o alumnado de 2º ESO acompañado dos seus profesores Fran Loureiro e Noemí Fernández fixo unha saída deportiva.
A primeira parada foi no centro deportivo "D10" de Outeiro de Rei en Lugo, alí puideron practicar Padel e Tenis nas súas magnificas instalacións.
Máis tarde visitaron a escola de piragüísmo do club "Cidade de Lugo", na beira do río Miño, preto das instalacións dos Robles en Lugo, puideron remar en kaiak e tamén nun barco dragón.
Podedes ver algunhas fotos da xornada no seguínte link: FOTOS DA XORNADA.
No hay comentarios:
Publicar un comentario