Deberedes traer unha bolsa ou mochila pequena (so para EF) cun “kit de E.F.”.
Este consistirá no seguinte:
· Unha esterilla deportiva identificada, para facer exercicio enriba dela no chán.
· Unha máscara e un estoxo identificados para gardala de xeito seguro cando sexa necesario retirala. Sería aconsellable unha máscara de reposto.
· Solución hidroalcohólica para unha desinfección frecuente das mans, ben identificada.
· Botella de auga individual claramente identificada. Non existirá a posibilidade de hidratación en billas polo que cada alumno/a será o responsable da súa hidratación. Non se poderá compartir a botella de auga.
· Roupa de cambio identificada: Camiseta e calcetíns, para cambiarse ao rematar a clase.
· Toalla pequena identificada ou toallitas hixienizantes, para asearse ao rematar a clase no vestiario.
· Roupa de abrigo, paraugas (en caso de ser necesario…) Imos facer clase a meirande parte do tempo ao aire libre.
No hay comentarios:
Publicar un comentario