jueves, 26 de mayo de 2022

PVSD: PREPARACIÓN NA AULA DE MÚSICA DA XORNADA DE ACOLLIDA AO ALUMNADO QUE VIRÁ O VINDEIRO CURSO AO CENTRO DENDE DISTINTOS CEIP.

O alumnado de música de 1º, 2º e 3º da ESO, traballou a coreografía de "Terra" ( o tema das Tanxugueiras) durante o mes de maio. 

A finalidade era facer unha actividade musical con movementos de danza, convidando ao alumnado de 6º de EP dos CEIP da comarca (CEIP Santo Estevo de Parga, CEIP Lagostelle,  a bailar con eles, na xuntanza do día 25 de maio.

Por outra banda, todos os conceptos musicais traballados na aula, na partitura, son agora traballados tamén co movemento corporal, o que afianza o coñecemento adquirido anteriormente.

O profesorado de Música dos tres centros colaborou activamente na organización e desenvolvemento da actividade (compartindo materiais, tutoriais...)

Con esta actividade adquiríronse valores tales como: traballo en equipo, empatía, amizade cos futuros alumnos do IES...


DANZA COLECTIVA: XORNADA DE ACOLLIDA AO ALUMNADO



No hay comentarios:

Publicar un comentario