Hoxe, día 23 de maio, estivemos co alumnado de 1º de Bacharelato en Herbón (Padrón) practicando e aprendendo unha nova especialidade deportiva, Ráfting polo río Ulla, actividade enmarcada dentro do Proxecto Deportivo de Vida Activa e saudable do centro, coordinado polo Departamento de Educación Física.
Nesta ocasión o profesorado acompañante foi Noemí Fernández Pedraza do Departamento de Educación Física e o auxiliar de conversa Thomas Hermsen.
Moitas gracias polo voso impecable comportamento e saber estar!
No hay comentarios:
Publicar un comentario