martes, 1 de diciembre de 2020

PDC: SAÍDA A PÉ, BALNEARIO E MESQUITA DE GUITIRIZ.PROXECTO DIDÁCTICO DE AULA INTERDICIPLINAR DE 2º ESO: O MINISTERIO DO TEMPO


 O día 01 de decembro de 2020 o alumnado de 2º ESO do IES acompañado polo seu profesor de Historia: Martín Lazcano, a profesora de Educación Física: Noemí Fernández Pedraza e o alumno en prácticas do INEF: Ánxo Pena Fernández, visitaron o balneario e a mesquita de Guitiriz.

Déixovos un enlace cun vídeo da xornada.

VÍDEO DA XORNADA



Moitas gracias ao Concello de Guitiriz pola colaboración, a Olga da oficina municipal de turismo pola súa axuda e por acompañarnos, a Ánxo Pena Fernández por axudarnos e colaborar connosco na organización da saída e ao alumnado polo voso gran comportamento.

Esta actividade foi enmarcada tamén dentro do proxecto educativo de centro para 2º ESO: "O ministerio do tempo", dentro da misión número 1: Parar a gripe.

O 4 de Outubro de 1918, o gobernador Andrés Alonso López publicou no Boletín Oficial Extraordinario da provincia de Burgos, unha serie de recomendacións.

Entre elas atopábase a recomendación de estar no campo a maior parte do tempo ó aire libre, pois considerábase que a auga e a luz eran o mellores desinfectactes que existían.

Seguindo as recomendacións para axudar a frear a pandemia, a Dirección Xeral de Actividade física e deportiva decidiu facer unha saída a pé cos bolseiros do Ministerio. Coa colaboración da Dirección Xeral de Xeografía e Historia, coñeceron a Mesquita e o Balneario de Guitiriz, famoso pola capacidade curativa das súas augas para moitas doenzas.


Pódese consultar máis información no seguínte link:

No hay comentarios:

Publicar un comentario