martes, 19 de noviembre de 2019

CHARLA 1º ESO: HÁBITOS DE VIDA SAUDABLES.

Onte tivo lugar no IES unha charla para 1ºESO a cargo da pediatra, Sheila,  do Centro de saúde de Guitiriz
Abordou as seguintes temáticas: cambios no corpo dos nenos/as ,hixiene,  alimentación e hábitos saudables (deporte, uso moderado de novas tecnoloxías, ...)
O alumnado fixolle moitas preguntas,curiosidades e dúbidas  relacionadas coa temática da charla, as cales ela respondeu moi cercana.
As familias estiveron moi implicadas na charla tamén, pois o alumnado levou para casa unha tarxetiña para cubrir cos seus pais/nais/titores esas cosas nas que tiñan maior inquedanza.
Este é un tema que atañe ao centro e aos servizos sanitarios,pero de maneira moi directa ás familias tamén.

¡Moitas gracias a todo o alumnado por estar tan atento na charla e por participar activamente na mesma!

¡Moitísimas gracias a Sheila polo seu incondicional apoio e colaboración sempre se lle require!



No hay comentarios:

Publicar un comentario