miércoles, 13 de noviembre de 2019

ANDAINA:CAMIÑAMOS POR RETOS

O día 12 de novembro ás 10.30h (Día internacional contra a obesidade infantil) fixose unha andaina educativo/solidaria coas comunidades educativas do CEIP Plurilingüe Santo Estevo de Parga (éstes non viñeron debido a previsión meteorolóxica de chuvia) , CEIP Lagostelle e IES Poeta Díaz Castro de Guitiriz, organizada polos profesores de Educación Física dos tres centros educativos e colaborando na mesma distintos mestres, departamentos didácticos, equipos directivos dos centros e a comunidade educativa en xeral: persoal laboral, personal non docente, familias, centro de saúde de Guitiriz, Concello de Guitiriz, departamento de deportes e  técnicos deportivos do Concello de Guitiriz, protección civil, policía local…

O percorrido realizouse polo pobo de Guitiriz e os seus arredores, sendo a saída e o retorno no campo da Feira de Guitiriz e tendo unha lonxitude de cinco quilómetros para os participantes (tivemos que modificalo respetando a distancia, pero non o lugar polo que íamos ir por encontrarse en malas condicións debido ao mal tempo)


Nesta actividade loitamos por catro alicerces fundamentais:

A)      Camiñando por un reto: “Andaina”, contrarrestar e previr a obesidade, o sobrepeso e o sedentarismo mediante a actividade física e hábitos de vida saudables (alimentación saudable: o Concello de Guitiriz donou fruta para todos os asistentes, Sheila a pediatra do centro de saúde de Guitiriz vai dar unha charla ao alumnado sobre hábitos de vida saudables) chegando imaxinariamente sumando os quilómetros de todos/as os/as participantes ata Estocolmo (cidade que está a 2500qms en liña recta de distancia de Guitiriz), ademáis de facer un estudo desta cidade a nivel medio ambiental e ver que cousas poderíamos importar para nosa vila referidas a esta temática. (Proxecta:PDC)

B)      Loitar pola igualdade de xénero: Levamos dorsais con nomes de mulleres deportistas históricas. (Proxecto: "Donas de sí")

C)      Apoiamos a investigación da leucemia infantil: “V edición volta ao cole contra a leucemia infantil” (recaudamos fondos cos que financiar proxectos de investigación infantil, participamos cunha aportación voluntaria de 1 euro, o IES ingresará dita aportación na conta da ONG: unoentrecienmil.org), entregouse dorsal adhesivo solidario sen numerar o día da carreira e diploma ao finalizar a mesma, premio ao seu esforzo. 

D)      Coidamos o medio ambiente, coidamos Guitiriz.

“Recollemos lixo” ao longo do percorrido con luvas reutilizables, formándonos nun planeta limpo e sostible. (Proxecto: aLIXeirate)

-O alumnado coa axuda do profesorado de inglés e auxiliares de conversación cantou cancións en inglés con temática sobre as tres R.(reutilizar, reducir, reciclar) coa axuda da auxiliar de conversa: Liz (Sección Bilingüe)

-O alumnado do CEIP de Lagostelle coa axuda do seu profesor de plástica e do auxiliar de conversación fixo distintas pancartas en inglés sobre as temáticas da andaina, coa axuda da auxiliar de conversa: Liz (Sección Bilingüe)

Agradecementos especiais para:
-Alumnado, profesorado, departamentos didácticos, comisión científico-tecnolóxica, direccións, persoal laboral, persoal non docente,auxiliares de conversación,  familias dos tres centros educativos.
-Concello de Guitiriz, corporación municipal, equipo de goberno, alcaldesa, servicio de deportes, técnico deportivo...
-Centro de saúde de Guitiriz: Sheila a nosa pediatra.
-Protección civil, voluntarios, Policia local...
-Veciños/as de Guitiriz.



Gracias a todos/as pola vosa participación, facendo que brillasemos nun día tan escuro!


              El Progreso 13/11/19                                  La Voz de Galicia 13/11/19

ALGUNHAS FOTOS DA ANDAINA

El Progreso, 17/11/19

No hay comentarios:

Publicar un comentario