Este curso, relacionado co Contratos-Programa, xurdiu a idea de facer un proxecto colaborativo para a concienciación no desenvolvemento sostible.
Dende o departamento de Xeografía e Historia propuxeron unha actividade para a concienciación do desenvolvemento sostible mediante o uso que se fai da roupa, todo elo partindo dunha lectura, “La vuelta al mundo de un forro polar rojo”, o alumnado desenvolverá un Mercadillo Solidario, de roupa e calzado, que terá lugar o día 17 de xuño.
Os obxectivos que se traballarán serán os seguíntes:
Concienciar ao alumnado de que:
A cultura de “usar e tirar” na que vivimos ten consecuencias moi graves para o medio ambiente,
A roupa que mercamos a baixo prezo, e que por iso non nos da reparo desprendernos dela, está fabricada en países
A actividade pensouse para todo o alumnado de ESO e 1º BAC; pois FP básica e 2º BAC xa non estarán no centro na data a celebrar o mercadillo.
Para poder participar na actividade será necesario aportar, polo menos, unha prenda de roupa ou calzado, que terán que traer unha etiqueta na que apareza o nome completo e curso da persoa que fai a aportación.:
O alumnado de 3º ESO, e o profesorado voluntario, será o encargado de revisar as prendas. No caso de que algunha non reúna as condicións necesarias (non estar rota, remendada ou demasiado desgastada, e non estar desteñida ou con manchas) seralle devolta á persoa que a trouxera.
A roupa e calzado que sobre, despois de facer o mercadillo, será entregada ao departamento de servizos sociais do concello de Guitiriz.
Dende o Departamento de Educación Física a idea a desenvolver foi:
- Exposición de materiais de Educación Física construidos polo propio
alumnado a semana previa ao mercadillo: 06-10 DE XUÑO.
- Xogar cos materiais construidos polo alumnado o mesmo día do mercadillo, 17 DE XUÑO
Os obxectivos a tratar foron:
- Desarrollar
hábitos de consumo responsable: reducir, reciclar, reutilizar.
- Traballar
mediante o xogo ademáis da diversión, a creatividade, imaxinación, igualdade de
xénero.
- Prevenir
conductas erróneas e problemas como a obesidade
infantil, creando hábitos saudables mediante o xogo.
-
Concienciar sobre o consumismo, desenvolvemento sostible e educación ambiental.
As competencias educativas traballadas foron:
- Competencia de conciencia e expresións culturais (máis concretamente
na súa manifestación de patrimonio medioambiental).
- Competencia social e cívica.
OS OBXECTIVOS DE DESENVOLVEMENTO SOSTIBLE QUE SE PRETENDEN TRABALLAR:
-
3. Salud e
benestar.
-
5. Igualdade
de xénero.
1 12. Producción e consumo responsables.
A colaboración do Departamento de Educación Física coa actividade está pensada para todo o alumnado de ESO e 1º BAC.
Para poder participar na actividade cada alumno/a aportará unha etiqueta coas regras dun xogo, tamén os materiais para xogar a dito xogo construidos con materiais de reciclaxe.