martes, 7 de junio de 2022

PVSD: KAIAK E SENDEIRISMO. PONTEDEUME 2º ESO

O día 06 de xuño do 2022, o alumnado de 2º ESO foi ao clube náutico do Firrete en Pontedeume, acompañados polos seus profesores José Engroba, Fran Loureiro e Noemí Fernández.

Alí disfrutaron dunha xornada na que fixeron unha ruta de Kaiak en mar e unha ruta de sendeirismo, actividade enmarcada dentro do Proxecta: Proxecto de Vida Saudable e Deportiva.

O alumnado foi dividido en dous grupos:

Un grupo fixo a ruta de Kaiak dende o náutico do Firrete ao pobo de Redes e despois fixo a ruta de sendeirismo dende o pobo de Redes ata a praia de Cabanas, o outro grupo fixo as actividades a inversa.

Gracias polo voso comportamento!




FOTOS DA XORNADA

No hay comentarios:

Publicar un comentario