miércoles, 22 de junio de 2022

CONTRATOS-PROGRAMA: PROXECTO COLABORATIVO PARA A CONCIENCIACIÓN NO DESENVOLVEMENTO SOSTIBLE.

Este curso, relacionado co Contratos-Programa, xurdiu a idea de facer un proxecto colaborativo para a concienciación no desenvolvemento sostible.

Dende o departamento de Xeografía e Historia propuxeron unha actividade para a concienciación do desenvolvemento sostible mediante o uso que se fai da roupa, todo elo partindo dunha lectura, “La vuelta al mundo de un forro polar rojo”, o alumnado desenvolverá un Mercadillo Solidario, de roupa e calzado, que terá lugar o día 17 de xuño.

Os obxectivos que se traballarán serán os seguíntes:

Concienciar ao alumnado de que:

A cultura de “usar e tirar” na que vivimos ten consecuencias moi graves para o medio ambiente,
tanto no proceso de obtención de materias primas e fabricación do produto coma no proceso de reciclaxe ou
incineración do mesmo, cando deixa de ser útil.
A roupa que mercamos a baixo prezo, e que por iso non nos da reparo desprendernos dela, está fabricada en países
nos que as condicións dos traballadores e traballadoras son pésimas: longas xornadas e sen descanso, escasas medidas
de seguridade, salarios moi baixos e inexistencia de dereitos laborais.

Obxetivos de desenvolvemento sostible:
Objetivo de Desarrollo Sostenible 8: Trabajo Decente y Crecimiento  Económico | Agenda 2030 | Gobierno | gob.mx Objetivo de Desarrollo Sostenible 12: Producción y Consumo Responsables |  Agenda 2030 | Gobierno | gob.mx

A actividade pensouse para todo o alumnado de ESO e 1º BAC; pois FP básica e 2º BAC xa non estarán no centro na data a celebrar o mercadillo.


Para poder participar na actividade será necesario aportar, polo menos, unha prenda de roupa ou calzado, que terán que traer unha etiqueta na que apareza o nome completo e curso da persoa que fai a aportación.:


O alumnado de 3º ESO, e o profesorado voluntario, será o encargado de revisar as prendas. No caso de que algunha non reúna as condicións necesarias (non estar rota, remendada ou demasiado desgastada, e non estar desteñida ou con manchas) seralle devolta á persoa que a trouxera.


A roupa e calzado que sobre, despois de facer o mercadillo, será entregada ao departamento de servizos sociais do concello de Guitiriz.





Dende o Departamento de Educación Física a idea a desenvolver foi:


- Exposición de materiais de Educación Física construidos polo propio alumnado a semana previa ao mercadillo: 06-10 DE XUÑO.

- Xogar cos materiais construidos polo alumnado o mesmo día do mercadillo, 17 DE XUÑO

Os obxectivos a tratar foron: 

- Desarrollar hábitos de consumo responsable: reducir, reciclar, reutilizar.

- Traballar mediante o xogo ademáis da diversión, a creatividade, imaxinación, igualdade de xénero.

- Prevenir conductas erróneas e problemas como a obesidade infantil, creando hábitos saudables mediante o xogo.

- Concienciar sobre o consumismo, desenvolvemento sostible e educación ambiental.

As competencias educativas traballadas foron:

-  Competencia de conciencia e expresións culturais (máis concretamente na súa manifestación de patrimonio medioambiental).

-  Competencia social e cívica.

OS OBXECTIVOS DE DESENVOLVEMENTO SOSTIBLE QUE SE PRETENDEN TRABALLAR:

-          3. Salud e benestar.

-          5. Igualdade de xénero.

1    12. Producción e consumo responsables.


A colaboración do Departamento de Educación Física coa actividade está pensada para todo o alumnado de ESO e 1º BAC. 

Para poder participar na actividade cada alumno/a aportará unha etiqueta coas regras dun xogo, tamén os materiais para xogar a dito xogo construidos con materiais de reciclaxe.






                                                    FOTOS E VIDEO DA EXPOSICIÓN

No hay comentarios:

Publicar un comentario