lunes, 21 de febrero de 2022

PVSD: XOGADE: CAMPEONATO GALEGO DE CAMPO A TRAVÉS EN LOURENZÁ.

 O pasado domingo, día 20 de febreiro, tivo lugar en Lourenzá o Campeonato Galego de Campo a través, tres foron os clasificados do noso IES no campeonato provincial para dito campeonato, finalmente dous deles participaron onte: Iván Feijoó e Loiz Vázquez.

Ambos tiveron unha brillante actuación no campeonato nun percorrido de campo a través duro e cheo de obstáculos, Iván tivo que percorrer unha distancia de 2500m e Lois unha distancia de 3000m.

Parabéns aos dous participantes pola vosa brillante actuación nas xornadas de campo a través!

MAPA DOS PERCORRIDOS DA COMPETICIÓN.


Lois Vázquez e Iván Feijoó no Campeonato Galego de Campo a través.

No hay comentarios:

Publicar un comentario