martes, 2 de noviembre de 2021

XOGOS TRADICIONAIS NO SAMAÍN

O pasado venres día 29 de outubro todo o alumnado das tres etapas educativas do centro: ESO, BACHARELATO e FP Básica, participou nunha xornada de xogos tradicionais, aproveitando que no centro celebrabase o Samaín.

Os xogos populares teñen unha dimensión lúdica e educativa, e son parte importante da convivencia e cooperación en grupo. Posúen un gran valor socio-cultural que sobrepasa os aspectos lúdicos, pois cada xogo presenta diferentes características dependendo da zona na que se practica.
Os xogos defínense como a actividade física ou mental que ten a finalidade de divertirse e entreterse.

Algúns dos xogos cos que o alumnado puido disfrutar foron: Mariola, As catro esquinas, Os tres pés, A Rá, A Chave, Carreira de Sacos, Soga tira, Carreira de Chapas, Saltar a Corda, As lombas...

De seguido déixovos algunhas fotos e vídeos da xornada.




FOTOS E VÍDEOS DA XORNADA

No hay comentarios:

Publicar un comentario