Deberedes traer unha bolsa ou mochila pequena (so para EF) cun “kit de E.F.”.
Este consistirá no seguinte:
· Unha esterilla deportiva identificada,
para facer exercicio enriba dela no chán.
· Unha máscara e un estoxo
identificados para gardala de xeito seguro cando sexa
necesario retirala. Sería aconsellable unha máscara de reposto.
· Solución hidroalcohólica
para unha desinfección frecuente das mans, ben identificada.
· Botella de auga individual
claramente identificada. Non existirá a posibilidade de hidratación en billas
polo que cada alumno/a será o responsable da súa hidratación. Non se poderá
compartir a botella de auga.
· Roupa de cambio identificada: Camiseta
e calcetíns, para cambiarse ao rematar a clase.
· Toalla pequena identificada ou toallitas
hixienizantes, para asearse ao rematar a clase no vestiario.
· Roupa de abrigo, paraugas (en caso
de ser necesario…) Imos facer clase a meirande parte do
tempo ao aire libre.
No hay comentarios:
Publicar un comentario