lunes, 15 de junio de 2020

ALERTA ESCOLAR (DÉCIMO TERCEIRA SEMANA)

Ola!
Esta semana deixareivos a derradeira tarefa para ler que non teredes que entregar, pero que si queredes e vos apetece podedes ler voluntariamente.
Non faremos as conexións como viñamos facendo, pero eu igualmente estarei a vosa disposición para o que necesitedes,  en caso de dúbidas podedesme mandar mensaxes privadas pola Google classroom ou ao correo electrónico.

Estade atentos ao correo electrónico pois vouvos pedir algunhas cousas, estou facendo como todos os anos a Gala final de premios de Educación Física das actividades feitas nos primeiro e segundo trimestres, e durante o confinamento, ao millor pidovos que vos gravedes dicindo algunhas palabras ou mandándome algunha foto para poñer no video da Gala...

Unha forte aperta


#estouaquiparaoqueprecisedes
#MensSanaInCorporeSano
#DepartamentoEducacionFisica

TAREFA DÉCIMO TERCEIRA SEMANA:

-Que hai que facer?
Esta semana propoñovos unha tarefa sobre lectura de "RECOMENDACIÓNS E COÑECEMENTO DO PROGRAMA ALERTA ESCOLAR.", atoparedes a información no documento adxunto na tarefa da google classroom correspondente.

No hay comentarios:

Publicar un comentario