lunes, 11 de mayo de 2020

RESPIRACIÓN E RELAXACIÓN (OITAVA SEMANA)

Ola!
Quero facervos un recordatorio:
Na medida do posible o alumnado tentará conectarse a súa Google Classroom correspondente, na hora marcada para cada curso.
Como ben sabedes conectámonos un 50% das horas que tedes de clase, 1 hora (nesa hora vemos se todos/as estades ben e ademáis resolvemos as dúbidas que xorden sobre as tarefas), a outra hora é para traballar as tarefas e non nos conectamos.

-HORARIO DE CONEXIÓN:

LUNS:
-09.20H-10.10H: 2º ESO B
-10.10H-11.00H: 1º ESO A
-11.2OH-12-10H: 3º ESO BILINGÜE.
MARTES:
-13.20H-14.10H: 2º BAC
-14.10H-15.00H: 3º ESO NON BILINGÜE.
MÉRCORES:(ATENCIÓN A FAMILIAS E ALUMNADO EN CASO DE DÚBIDAS)
-10.10H-11.00H: 
noefp102@gmail.com
noefp@edu.xunta.es
XOVES:
-11.30H-12.20H: 1º BAC
-12.20H-13.10H: 1º ESO B
VENRES:
-12.20H-13.10H: 2º ESO A
-13.10H-14.00H: 4º ESO 

TAREFA OITAVA SEMANA:

-Que hai que facer?
Esta semana propoñovos una tarefa de "Respiración e Relaxación" os exercicios os atoparedes nun documento adxunto na tarefa da google classroom correspondente.

-Que instrucións debo seguir?
Debedes intentar facer os exercicios que vos propoño no documento que vos adxunto na tarefa, non tedes que enviarme nada esta semana, solo debedes facer os exercicios.

ATENCIÓN ALUMNADO DE 3º ESO BILINGÜE, 4º ESO E 1º BAC: Non tedes que mandarme nada da tarefa de relaxación e respiración, pero sí  gravaredes un video corto falando en inglés (non máis de 10 segundos) para despedir a nosa auxiliar de conversa Liz que marchará a USA a finais de maio, ademáis se queredes tamén podedes a maiores mandar unha foto de algo que escribades para ela en inglés. Subide o que mandedes para ela a vosa Google classroom correspondente) 
A profe de plástica Nuria e máis eu, gravaremos un vídeo con todos os vosos videos e cartas que lle mandaremos a ela.

-Cando se abre a tarefa esta semana na google classroom?
A tarefa para todos os cursos abrese na "Google classroom" o lúns día 11 de maio.

-Cando se entrega a tarefa desta semana?
O alumnado de 1º,2º,3º ESO non bilingüe e 2º BAC non enviarán nada esta semana.
O alumnado de 3º ESO BILINGÜE, 4º ESO e 1º BAC, entregarán ata o domingo ás 23.59h

No hay comentarios:

Publicar un comentario