domingo, 19 de abril de 2020

CONCURSO DE RETOS!

Ola!
O primeiro que quero é desexarvos que vos atopedes ben, xa falta menos para vernos de novo.
O segundo é facervos un recordatorio:
Na medida do posible o alumnado tentará conectarse a súa Google Classroom correspondente na hora marcada para cada curso.
Como ben sabedes conectámonos un 50% das horas que tiñades de clase, 1 hora (nesa hora vemos se todos/as estades ben e ademáis resolvemos as dúbidas que xorden sobre as tarefas), a outra hora é para traballar as tarefas.

-HORARIO DE CONEXIÓN:
LUNS:
-09.20H-10.10H: 2º ESO B
-10.10H-11.00H: 1º ESO A
-11.2OH-12-10H: 3º ESO BILINGÜE.
MARTES:
-13.20H-14.10H: 2º BAC
-14.10H-15.00H: 3º ESO NON BILINGÜE.
MÉRCORES:(ATENCIÓN A FAMILIAS E ALUMNADO EN CASO DE DÚBIDAS)
-10.10H-11.00H: 
noefp102@gmail.com
noefp@edu.xunta.es
XOVES:
-11.30H-12.20H: 1º BAC
-12.20H-13.10H: 1º ESO B
VENRES:
-12.20H-13.10H: 2º ESO A
-13.10H-14.00H: 4º ESO 

TAREFA QUINTA SEMANA:
Esta semana toca seguir movendonos:

1) Escolledes algún reto deportivo, físico-motriz (pode ser una coreografía de TIKTOK, un baile de JUST DANCE, poñervos unha camiseta facendo o pino, dar toques a un roio de papel hixiénico, salto orixinal en familia, en definitiva...o que queirades que teña que ver con actividade física)

2) Debedes grabar o reto, non máis de 45 segundos, debedes levar roupa e calzado deportivos axeitados cando fagades o reto.
O video comezará:
a) Dicides o reto: Vos reto a.... e explicades o reto
b) Facedes o reto e gravades so un intento do mesmo, non me enviedes varios videos, so un por persoa.
c) Os cursos da sección bilingüe (3º,4ºESO, 1ºBAC) explicarán o reto en inglés.

3) Mandarme o reto por: Google classroom, podedes enviarme enlaces de: you tube, tiktok,...

4) Gañará a clase ou profesorado que máis puntos obteña de media, establecerei a seguínte puntuación:

-SE FACEDES RETO INDIVIDUAL: 5 ptos.
-SE FACEDES RETO EN FAMILIA: Cada membro da familia que se una ao reto dareivos 3 puntos máis. (Reto uníndose un familiar: 8, reto uníndose dous familiares:11...)

Tede unha boa semana!
Unha aperta

#todosairáben
#quedanacasa
#apoioincondicional2bac

No hay comentarios:

Publicar un comentario