domingo, 15 de marzo de 2020

ESTAMOS XUNTOS NISTO!

Ola:
O coronavirus está a provocar unha situación na que nunca nos viramos antes. Por este motivo quero deixarvos unha serie de consellos, por si vos son de utilidade nestes días que temos que quedarnos na casa.
Agora máis que nunca, ante esta situación de confinamento na casa, non debemos abandoar as actividades físico-motrices e lúdicas. 
É importante moverse cada certo tempo, aínda que sexan movementos livianos, aínda que sexan exercicios sinxelos de coordinación... e coidar a alimentación.
Aquí vos deixo unha serie de recursos e consellos, por si queredes facelos en familia:

-Xogos modificados:

-Tres en raia (ver vídeo)  Podedes adaptalo ao espazo e materiais que teñades.
- Pedra, papel ou tesoiras (ver vídeo)  tamén podese adaptar o recorrido ao voso espazo e utilizar os materiais dos que dispoñades.
-Carreiras de chapas en casa. Adaptalo as vosas posibilidades.

- Xogos con globos ou similar:

-Voleibol con globos: unha cadeira, un sofá, unha corda fai de rede. O resto, un xogador a cada lado e listo.

-Dous xogadores: un xogador intenta que un globo toque o chan, outro trata de evitar que o toque.

-Golpear un globo ao aire, e mentras dar o máximo número de palmadas antes de que toque o chán.

-Tenis de mesa con globos: En calqueira mesa, ponse un obstáculo no medio que faga de rede, xogamos ao tenis de mesa empregando as mans en vez de raquetas e un globo en lugar de pelota.
- Carreiras de globos: qué globo chegará antes dun lugar A a outro B sen tocalo con  ninguna parte do corpo.
- Cantos golpeos eres capaz de dar a un globo coa cabeza, cun pé...

- Realizar retos físicos ou gymkhanas na casa:
-Exemplos: trasladar pelotas, obxectos... dunha dependencia da casa a outra en menos dun tempo determinado. Podese facer con obstáculos (cadeiras, subindo e baixando escaleiras...)
-Encontrar o tesoro. Un, esconde na casa un tesoro e os demáis deben encontralo.
-Realizar un fitness bingo (ver vídeo). podese facer nun papel ou cartulina as casillas ou números do cartón do bingo e en cada casilla establecer un determinado exercicio (10 sentadillas, 10 abdominais, 10 saltos á comba, 10 saltos con rodillas ao peito, 10 veces abrir e pechar pernas e brazos...)
-Construir a oca de Educación Física (ver vídeo) mesma dinámica que o bingo.

-Realizar entre os membros da familia un abecedario corporal :


-Realizar bailes e coreografías. Hai diferentes aplicacións que poden axudarnos a realizalas e pasar un rato divertido. (Por exemplo: "Just Dance")

-Xogos en xardín, patio... Si xa dispoñemos dun xardín ou un patio, as posibilidades aumentan.  Podense facer xogos con pelotas, balóns...
Xogos de puntería: derribar botes, latas, botellas,..., con pelotas golpeadas ou lanzadas con mans, pes, primeiro coa extremidade dereita, logo coa esquerda...
Xogar a lanzar a pelota e recibila despois de bote, sen bote, realizando unha acción antes de recibila...

-Algunhas app para facer actividade física e deportiva.
INSTAFIT: Inclúe máis de 600 rutinas que son cortas e fáciles de practicar, permiten crear programas personalizados adaptados ao teu estilo de vida. Son vídeos e audios cortos que duran menos de 30 minutos. A app está dispoñible para Android e IOS e é gratuita.




EXERCICIOS EN CASA-ENTRENAMENTO SEN EQUIPO: Podes traballar todos os grupos de músculos principais sen equipamento. So necesitas un teito, un chán e catro paredes. Hai tres niveis: principiante, intermedio e avanzado.  Dispoñible so para Android.




EXERCICIOS EN CASA-ENTRENADOR PERSOAL: Inclúe exercicios diseñados por expertos, guía cómo realizalos e cómo adoptar a postura correcta, hai dez rutinas de traballo dispoñibles. Dispoñible so para Android.


RETO DE 21 DÍAS: tres semanas para facer exercicio con esta app. Podes elexir entre un entrenamento fácil, medio, difícil, aleatorio ou personalizado, app gratuita.

SEVEN: Exercicios durante 7 minutos ao día, axudante a manter e crear hábitos saudables e de exercicio, ten máis de 200 exercicios e a posibilidade de marcarte obxectivos. Dispoñible para IOS e Android.

NIKE TRAINING CLUB: famosa app de fitness, conta con máis de 100 entrenamentos gratis para todos os niveis. Cada sesión contén varias opcions de diferentes exercicios que van acompañados con unha guía a realizar paso a paso con fotos ou vídeos.
·  Amplia variedade de entrenamentos, incluidas opcións de 15 minutos por si tes que facer un entrenamento express.
· Instruccións en audio e vídeo que axudarante a dominar a técnica e a sacarlle o máximo partido a cada entrenamento.
· A App crea un programa de entrenamento personalizado basado nas túas necesidades e vaino adaptando continuamente. Así, en canto vas superando novos retos, vante subindo o nivel.
· É gratuita e está dispoñible para iOS e Android.

DESAFÍOS DE 30 DÍAS: A aplicación básicamente dividese en exercicios para distintas partes do corpo:
·                Exercicios para todo o cuerpo.
·                Exercicios de abdomen.
·                Exercicios de glúteos.
·                Exercicios de brazos.
·                Exercicios de pernas.
Fai un programa para todo o mes e ela mesma encargarase de ir aumentando gradualmente dificultade dos exercicios.
Enfocada para todas aquelas persoas que queiran facer exercicio con un plan continuo e adaptado. Non importa o teu nivel inicial de forma física xa que conta con 3 niveis de intensidade: principiante, intermedio e avanzado. É gratuita e está dispoñible para iOS e Android.
DAILY DOGA: É a aplicación de entrenamento de ioga máis famosa do mundo. Proponte exercicios que poderás ver en vídeos de alta definición (HD) e que te guiarán con instruccións paso a paso mediante voz humana mentras escoitas unha música ambiental de fondo.
·  Exercicios a medida que adaptanse a tí en duración (5/10/15/20/30/45 minutos) en función do tempo do que dispoñas, e en nivel (fácil/moderado/intenso) para que tí mesmo elixas a dificultade.

RUNTASTIC PUSH UPS
As flexións son o exercicio ideal para fortalecer espalda, entrenar brazos e aumentar bíceps.
Runtastic Push Ups axuda coa túa rutina de flexións e conta as túas repeticións cando fagas exercicios dorsais, exercicios para brazos ou exercicios de fondos.
As estadísticas das flexións que vas completando son súper motivadoras e ademáis ofrecente unha vista xeral de todas as túas sesións, para que vexas en detalle cómo va a túa rutina de flexións e cómo vas facendo os teus exercicios de fondos día a día.
RUNTASTIC: ZUMBA E AERÓBIC.
Promocionase como unha ‘app’ sen necesidade de ferramentas. Unha vez descargada (IOS ou Android), gratuita, rexistraste coa túa dirección de Google ou facebook. Tras unirte e aceptar a política de privacidade, elixe o tipo de actividade que queres realizar: pilates, zumba, aeróbic, baile,…

ADSEN
Esta app axudarate a entrenar ónde queiras, cómo queiras e cándo queiras. A app Adsen, cos seus grupos de exercicios de 8 minutos cada un, sobresale pola súa simplicidade, innovación e real eficacia.
A programación para cada entrenamento farate ver cantas veces á semana e durante cantas semanas deberás realizalo para posteriormente poder pasar ao nivel seguinte. Adsen conta cunha lista de exercicios que compoñen o entrenamento. Cada exercicio é explicado mediante un excelente video.
A app mostra unha interfaz sinxela e intuitiva, con fácil acceso a cada grupo de exercicios e aos videos explicativos.
DOCUMENTAL SOBRE DOSIS DE AZÚCAR.




Son so algunhas ideas, recursos, actividades ou propostas que podense realizar, seguro que a vosoutros/as se vos ocorren moitas máis. É cuestión sólo de botarlle un poco de imaxinación e gañas para poder pasar este tempo da mellor maneira posible.



FELIZ DOMINGO.
 ÁNIMO A TODOS/AS!!!
#beactive
#somossaudables
#todoiráben
#quedanacasa
#Estamosxuntosnisto

1 comentario: