lunes, 16 de marzo de 2020

A MOVERSE!!

Ola a todos/as:
Nesta entrada mostro unas propostas prácticas para realizar durante esta semana 
(16-20/03/2020) por todo o alumnado, ao final das propostas tedes as instruccións a seguir, prazos de entrega...

PROPOSTAS PRÁCTICAS PARA REALIZAR NA CASA ESTA SEMANA
(Lembrade primero facer un quencemento xeral)
EXERCICIOS GLOBAIS E DE CARÁCTER AERÓBICO: 

Primeiro aprende a realizar correctamente os exercicios, axusta o tempo e a intensidade ao teu nivel de partida. 


30 MINUTOS INTERCAL CARDIO WORKOUT


HIIT (High Intensity Interval Training): so para alumnado en boa forma física.

FORZA:
EXERCICIOS ANALÍTICOS PARA TRABALLAR MUSCULATURA QUE TENDE A DEBILITARSE: GLÚTEOS E ABDOMINAIS.
ESTOS MÚSCULOS SON MOI IMPORTANTES PARA A ESTABILIDADE GLOBAL COMO É A MUSCULATURA DA CINTURA ABDOMINAL E OS GLÚTEOS QUE SON ESTABILIZADORES DE CADEIRA. NON NECESITAS MATERIAL E PODES REALIZALOS EN MOI POCO ESPAZO.
POR QUÉ É TAN IMPORTANTE TRABALLAR A MUSCULATURA GLÚTEA?

EXERCICIOS ANALÍTICOS PARA O GLÚTEO.

EXERCICIOS PARA NOVATOS PARA TRABALLAR O CORE





TRABALLO CON CORDAS:





Instruccións:
Debedes escoller DÚAS propostas das sete que hai (2ºBAC unha) e gravaros facendoas, enviádeme os vídeos que gravedes ao meu correo electrónico: noefp102@gmail.com ou compartidelos mediante Google drive,wetransfer... tedes para facelos toda esta semana, a semana próxima mandarei de novo traballo. Nos vídeos que fagades, tedesvos que gravar facendo unha vez cada un dos exercicios que visionastedes nos dous vídeos que escollestedes (2ºBAC so un video)
Consideracións:

  • Evitar que o vídeo sexa moi longo, podedelo facer a Time Lapse (cámara rápida) e con calidade baixa así pesará menos.
Entregas:
1ºA: ATA O LUNS DÍA 23/03/2020
1ºB: ATA O XOVES DÍA 26/03/2020
2ºA: ATA O VENRES DÍA 27/03/2020
2ºB: ATA O LUNS DÍA 23/03/2020
3ºESO BILINGÜE: ATA O LUNS DÍA 23/03/2020
3ºESO NON BILINGÜE: ATA O MARTES DÍA 24/03/2020
4º ESO: ATA O VENRES DÍA 27/03/2020
1ºBAC: ATA O XOVES DÍA 26/03/2020
2ºBAC: ATA O MARTES DÍA 24/03/2020

A TER EN CONTA.
Existe consenso na bibliografía científica sobre a cantidade mínima de actividade física que debe realizar un adolescente para manter e/ou mellorar a súa saúde. Aquí vos deixo a proposta da O.M.S. (Organización Mundial da Saúde) Dentro do posible deberíamos intentar acercarnos a estas recomendacións:

Á volta deste periodo excepcional falaremos se fixemos actividade física suficiente para mellorar ou manter nosos niveis de Condición Física asociados á saúde.



1 comentario: