O C.B. Breogán Café as Candelas convidounos
a asistir a Lugo para ver o partido de baloncesto que o sábado día 11 de marzo
ás 20.00h disputaban contra o Retabet GBC, primeiro na táboa da liga LEB OURO.
Ese mesmo día tamén no Pazo dos Deportes houbo a homenaxe do club aos seus
heroes de 1984/1985 apoiados por uns 5000 espectadores, un Pazo case cheo.
A expedición estivo formada por un total de 50 alumnos/as de todas as etapas educativas e duns 10 familiares dos mesmos; nesta ocasión o profesorado acompañante foi Suso, Nuria Pena e Noemí Fernández.
No hay comentarios:
Publicar un comentario