jueves, 28 de abril de 2016

CARREIRA SOLIDARIA ´16

O día 03 de maio organizarase unha carreira solidaria para as comunidades educativas do CEIP Plurilingüe Santo Estevo de Parga , CEIP Lagostelle e IES Poeta Díaz Castro de Guitiriz, organizada polos departamentos de Educación Física e Orientación Educativa dos distintos centros, ademáis de contar coa colaboración de profesorado, encargado de actividades extraescolares e complementarias e biblioteca escolar dos tres centros.
O percorrido realizarase polo pobo e os seus arredores, tendo unha lonxitude distinta para cada categoría adaptada á idade dos participantes.
A carreira comezará ás 10.25 h e terminará ás 13,45h, sendo a esta hora a entrega de medallas e sorteo de material deportivo e libros entre os participantes.
Os participantes correrán a distintas horas segundo categoría, todo o mundo debe tentar terminar a carreira, xa sexa correndo ou camiñando chegado o caso.
Cada participante disporá dun cartón - inscrición, nela debe escribir o nome e apelidos de catro patrocinadores máximo (familiares, vecinos, amigos, empresas…), poidéndolle dar cada patrocinador un máximo de dous euros ao patrocinado, non habendo cantidade mínima; o cartón estará por duplicado, quedándose o alumno cunha parte e entregándolle á profesora de educación física do seu centro educativo a outra parte e os cartos correspondentes dos seus patrocinadores. Os participantes non se poden patrocinar a sí mesmos.
Os cartos recaudados serán doados para que sexan destinados ao “Plan de emerxencia social”, consistente en axudar a familias de recursos limitados do Concello de Guitiriz, no aluguer de vivenda, calefacción, alimentos frescos, …
Con esta carreira pretendemos fomentar:
-A solidariedade e o valor de compartir o que temos con familias que en momentos puntuais teñen recursos limitados.
-Bos hábitos de vida saudable, neste caso mediante o deporte.
-O gusto pola lectura, pois sortemaos libros de lectura adaptados as distintas idades.
-Traballar de manera colaborativa entre as comunidades educativas dos tres centros educativos do Concello De Guitiriz e máis o Concello, pois creemos na formación integral do alumnado que se consegue mediante estas actividades cooperativas, colaborativas e interdisciplinares.
Haberá medallas para o tres primeiros clasificados en cada categoría, masculina e feminina, tamén sortearáse material deportivo e libros entre os participantes das distintas categorias. O Ies Poeta Díaz Castro obsequiará cun almorzo saudable ao grupo-clase que maior porcentaxe de participantes teña.

Esperamos a máxima participación!


No hay comentarios:

Publicar un comentario