lunes, 18 de enero de 2016

EXPOSICIÓN: DEPORTE E VALORES.

Este ano a exposición do departamento de Educación Física que ten por temática: " Deporte e valores", podédela ver nos corredores do instituto e na entrada do centro.

O deporte ten de seu valores como o traballo en equipo, o respecto polo compañeiro, a delegación de tarefas, a corresponsabilidade, o esforzo en conseguir un obxectivo común, o fomento da superación persoal..., valores todos eles que poden ser aplicables a todos os ámbitos da vida persoal e profesional dos nenos.
Esta actividade preséntase como unha exposición itinerante dunha semana de duración polos centros educativos (públicos, privados ou concertados), para o uso e beneficio de toda a comunidade educativa, non só dos escolares do centro.
Consta de materiais novos como 17 paneis divulgativos elaborados cun deseño apropiado para o seu uso en todas as idades e unha guía didáctica de apoio ao profesorado de diferentes áreas educativas, xa que a educación en valores é un contido transversal.

Os obxectivos desta actividade poderían resumirse nos seguintes:
Obxectivo xeral:
- Promover a educación en valores a través do potencial educativo do deporte.

Obxectivos específicos:
- Ofrecer recursos metodolóxicos para o ensino dos valores inherentes ao deporte.
- Lograr que nenas, nenos e xente nova practiquen os valores en distintas actividades              escolares.
- Propiciar a reflexión dos alumnos sobre a importancia dos valores nel deporte e na vida   diaria.
- Potenciar o papel do deporte como vía educativa e formativa de valores sociais a nivel de grupo e individual.

Aquí deixovos un vídeo resumo:



No hay comentarios:

Publicar un comentario