Esta é unha experiencia enriquecedora
polo entorno novedoso no que ten lugar e as condicións de convivencia durante
unha semana con compañeiros e alumnos doutros centros; mentras se aprende e
practica un deporte.
Os alumnos deben ter como obxectivo
levar a cabo unha actividade formativa, polo que deben comprometerse a
asistir todos os días ao curso de skí que se imparta nas pistas e
intentarán progresar nas habilidades propias deste deporte. Así como mostrar,
en todo momento, unha actitude de disponibilidade e colaboración para cos
compañeiros, responsables e organizadores desta semana de skí.
Na distribución
e transporte do material alugado terán que aprender a ser pacientes pois son
moitos os alumnos aos que se debe atender.
As
responsabilidades son grandes en relación ao coidado do material ó subir
ás pistas; coidado do material alugado de ski; non perder os vales de
comida na estación que eles deberán ter; subir a estación os fortfait que lles permiten utilizar os remontes; responsabilizarse da
súa seguridade na pista e da dos outros esquiadores.
A
actividade de ski, levada a cabo nun entorno montañoso, supón un esforzo
físico elevado, e se a el se lle suma o feito de estar aprendendo e empezando a
manterse sobre as taboas; o cansancio que xenera é maior. É unha tarefa ardua o
aprender a esquiar. Para iso os alumnos deben ser conscientes de que non é
posible trasnoitar e render ao 100% ao día seguínte.
DOCUMENTACIÓN.
Os alumnos/as deberán
aportar no centro, antes da data de saída:
-
Permiso paterno para realiza-la actividade.
-
Autorización para saída de
menores ao estranxeiro.
-
Unha fotografía tamaño carnet.
-
Fotocopia da cartiña da Seguridade
Social.
-
Fotocopia do D.N.I.
No momento da viaxe deberán
aportar aos profesores acompañantes:
-
Medicación e tratamento para a súa administración. ( se precisa tomala
na viaxe)
ITINERARIO.
-
Sábado, 10 de Xaneiro:
GUITIRIZ-ANDORRA
Saída pola noite con destino a Andorra. Viaxe
durante tódala noite.
- Domingo, 11 de Xaneiro: ANDORRA
O almorzo
deste día corre a cargo dos alumnos/as.
Chegada a
Andorra o medio día, aloxamento no Hotel e cea. (O xantar dese día corre a
cargo dos alumnos/as ) Ese mesmo día realizarase o aluguer do material
para non perder tempo de esquí ó día seguinte.
-
De Luns a Xoves, 12, 13, 14, 15 de Xaneiro: ANDORRA (Esquí): VALLNORD
Almorzo no Hotel e traslado do grupo á estación de
esquí Pal-Arinsal.
Días adicados á práctica do esquí na estación. Cada
día os alumnos disporán de dúas horas de clases con monitores cualificados. Xantar nas pistas. Á noitiña traslado ó Hotel, cea e aloxamento.
-
Venres, 16 de Febreiro: ANDORRA- GUITIRIZ.
Almorzo no hotel e traslado ás pistas de esquí. Xantar nas pistas e á noitiña traslado ó hotel para aseo, e regreso cara
a Galicia. (A cea dese día corre a cargo
dos alumnos/as )
-
Sábado, 17 de Febreiro:
GUITIRIZ.
O almorzo
deste día corre a cargo dos alumnos/as. Chegada do grupo a primeira hora da mañá e
fin da viaxe.
O PRECIO INCLÚE:
•Autocar durante todo o recorrido.
•Estancia de 5 noites en réxime de media pensión (almorzo e cea).
•Comidas en pista de luns a venres con autoservicio (self – service).
•Habitacions múltiples (dobres/triples/cuádruples) para estudantes.
•Material de ski de luns a venres (esquís, botas, bastóns e casco).
•Cursiño de 2 horas/día en pista na estación.
•Forfait para remontes de luns a venres.
•Asistencia técnica durante toda a estancia en Andorra.
•Seguro de viaxe + responsabilidade civil para profesores.
•Rifas financiación para axuda da viaxe.
•Utilización de garda- esquís
na estación para deposita-lo material ó finaliza-lo día.
•Entrada ao centro
termal”Caldea”, entrada nocturna 21 € xa incluido no precio final, probablemente o martes pola noite.
•Descontarase do precio total
15€ se o alumnado ten material propio, e se quere practicar snow terá un
suplemento de 30€ no precio final.
•Festa light na discoteca do hotel, un día a determinar, probablemente a noite do xoves.
•Entrada a piscina do hotel unha tarde, probablemente a tarde do mércores.
•Excursións opcionais, non
incluídas no prezo:
“Pista de Xeo”, entrada 14 €.
“Pista de Xeo”, entrada 14 €.
MATERIAL
E ROUPA IMPRESCINDIBLES.
-
GUANTES IMPERMEABLES, GAFAS
DE SOL, GORRO E BUFANDA OU CUELLO POLAR.
-
PANTALÓN E ANORAK
IMPERMEABLES.
-
ROUPA DE ABRIGO ( CHANDALES
E ROUPA DE LA).
- CREMA PARA A CARA CON ALTO
FACTOR DE PROTECCIÓN SOLAR E BARRA DE CACAO PARA OS BEIZOS.
-
CALZADO COA SOLA DE GOMA.
-
CALCETÍNS GORDOS E ALTOS.
-
XERSEIS ABRIGOSOS OU
CAMISETAS DE CUELLO ALTO.
-
BOLSA DE PLÁSTICO GRANDE E
RESISTENTE PARA TRANSPORTA- LAS BOTAS DE ESQUÍ.
-
MATERIAL ORDINARIO: TOALLA, BAÑADOR, MATERIAL
DE ASEO PERSOAL, PIXAMA, ROUPA DE VESTIR.
ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS.
Para a realización da viaxe o máis
economicamente posible estanse a realizar diversas actividades nas cales os
alumnos implicados participan de forma totalmente voluntaria (venda de lotería
de nadal, venda de polvoróns, rifas para o sorteo dunha viaxe,..
XUNTANZA.
Invítovos á
asistencia dunha xuntanza o día 18 de
decembro do 2014, no ximnasio do centro, ás 16:00 horas para aclararvos esas
posibles dúbidas que poden xurdir preto da data de saída.
DIRECCIÓNS E TELÉFONOS DE
INTERESE.
-ALOXAMENTO:
HOTEL PANORAMA 4* en Andorra la Vella.
-PROFESORES:
NOEMÍ FERNÁNDEZ PEDRAZA
MARÍA MIRAGALLA
No hay comentarios:
Publicar un comentario