viernes, 6 de mayo de 2022

PVSD: OBRADOIRO DE CAPOEIRA 2021/2022

O pasado xoves ás 09.20h e ata ás 11.00h, tivo lugar un obradoiro de CAPOEIRA no salón de actos do IES, este obradoiro foi organizado polo Departamento de Portugués como colaboración co "Proxecto de Vida Saudable e Deportiva do centro".

O obradoiro foi impartido pola "Escola de Capoeira Luanda de Ferrol".

Raça aterrizou en Ferrol no ano 2010 e puxo a funcionar a Escola de Capoeira Luanda. Ao principio comenzou con catro alumnos e a día de hoxe creceu moitísimo.

A Capoeira é unha arte marcial que combina a danza, a música e as acrobacias.

Trátade dun xogo, unha loita disfrazada con movementos armónicos que fan que parezca unha danza.

O instructor asegura que a capoeira non entende de idades nin de cualidades especiais, o único que se necesita é ter interese e motivación, pero despois cada un pode utilizar os seus puntos fortes e, a partir de ahí, entrenar e mellorar os aspectos que máis lle costan.

En canto aos beneficios que reporta esta actividade, son moitísimos.

Trátase dun deporte moi completo no que se traballa moito a flexibilidade, a forza, ou a coordinación, o que nos fai poñernos en forma e mellorar a nosa saúde. Pero, ademáis, a súa práctica promove o encontro entre persoas.

Raça destaca que quenes practican capoeira desenrolan e sumerxense na parte musical e cultural que arrastra consigo, participase tocando instrumentos de percusión, cantando, coñecendo a cultura brasileira ou falando portugués.

O importante é que os capoeiristas encóntranse nas rodas, e comparten a experiencia de tocar, de xogar, de cantar; polo que promovese a inclusión en todos os aspectos. Todos teñen lugar na roda, e todos poden disfrutar do xogo.


                                         ALGUNHAS FOTOS E VÍDEOS DA XORNADA




No hay comentarios:

Publicar un comentario