O venres, día 22 de abril ás 12.20h, tivo lugar na sala de audiovisuais do IES unha charla encontro en portugués, impartida pola Dra. Irina Vanessa Carvalho Ribeiro Guimaraes, dirixida ao alumnado de 2º ESO e organizada polos departamentos de Portugués, Orientación e Educación Física, a temática foi a seguínte: "Hábitos saudables e os efectos das pantallas e das drogas na saúde física e mental na xuventude".
Na charla, a Dra. Irina, deu información para que o alumnado fose capaz de tomar decisións acertadas nun futuro próximo sobre alcol, drogas, pantallas..., deunos a definición de "droga", contounos acerca das susbtancias que segrega o noso cerebro: dopamina, serotonina, adrenalina..., tamén falounos de como todas esas drogas afectan ao noso corpo e que enfermidades podemos desarrolar por mor delas, adiccións...
As familias do alumnado foron informadas previamente sobre a charla, polo que alumnado e familias fixéronlle chegar preguntas que lles inquietaban sobre a temática da mesma a Dra. Irina, ela ao finalizar a charla contestou as preguntas que lle fixeran chegar.
Durante a charla comentóuselles que a mellor mediciña para as enfermidades ou substituto das drogas: pantallas, alcol, tabaco... é o deporte e a actividade física, polo que procedeuse ao sorteo de dous xogos de palas de tenis de mesa entre o alumnado para a promoción do mesmo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario