jueves, 29 de abril de 2021

DÍA DA EDUCACIÓN FÍSICA NA RÚA, CASA, CENTRO. 2021 #DEFC2021 #DEFR2021

 

Como centro educativo, unímonos ao día da Educación Física na rúa, para dar a coñecer o poder que ten a Educación Física.


Día da Educación Física na rúa celebrase o 28 de abril para mostrar a importancia da Educación Física para o desarrollo integral e integrado en todas as idades, concienciar sobre o sedentarismo, difundir a actividade física saudable, etc.

Queremos unha sociedade máis activa, queremos unha sociedad saudable, e queremos:

  • Transmitir os valores que a práctica da actividade física axuda a potenciar: esforzo, autosuperación, cooperación, empatía...

  • Dar a coñecer a nova Educación Física: integradora, variada e divertida orientada a transmitir hábitos de vida saudable

  • Mostrar á sociedad parte do traballo realizado nas clases de Educación Física

  • Animar á sociedade a adoptar un estilo de vida activo

  • Fomentar a práctica de actividades físicas variadas e en compañía para o bienestar físico, psíquico e social

  • Promover a difusión de actividades físicas saudables pouco coñecidas.

  • Promover a necesidade dun aumento de horas de Educación Física no sistema educativo en sintonía coa opinión do ministerio de sanidade, o CSD, a UNESCO e a OMS.


Por todo elo, neste ano de pandemia, dende o noso IES celebramos o día bailando.




No hay comentarios:

Publicar un comentario