martes, 6 de abril de 2021

GUITIRIZ TERMAL ANDAINA 7k E PROXECTO DIDÁCTICO DE AULA INTERDISCIPLINAR DE 3º ESO : ETIQUETADOS.

A semana do 12 ao 18 de abril o Concello de Guitiriz organizou unha nova edición da carreira solidaria Guitiriz termal, nesta edición adaptada a situación actual de pandemia, polo que será virtual, no noso caso ímola facer presencial por cursos, na modalidade: andaina

As inscricións serán ata o 18 de abril inclusive na páxina web oficial do evento: https://guitiriztermal.ccnorte.com/ , pidovos por favor que en caso de facer a inscripción a fagades o antes posible, si é posible antes do martes día 13 de abril.

O prezo da inscrición é de 2€. Haberá unha opción no proceso de inscricion por si alguén quere facer algún donativo a maiores.

A recaudación será íntegra doada a “Somos unidos por el Cáncer”.

A distancia a percorrer será unha carreira de 5K ou unha andaina de 7K, no noso caso ímos realizar a andaina de 7K alumnado e profesorado. Dende a organización propoñennos un recorrido para a andaina o cal faremos cumprindo coa normativa e protocolos Covid, ademáis, teremos en conta o respecto e cumprimento da normativa sobre seguridade viaria. 

Todos/as os/as que fixeran a inscripción, terán que imprimir o seu dorsal e levalo o día que fagamos a andaina, os/as que fixeron a inscripción por medio do departamento de Educación Física, dareivos o dorsal o día que vos toque a andaina.

Esta actividade: camiña con etiquetas solidarias,  enmarcarase tamén no proxecto educativo de aula de 3º ESO: Etiquetados.

Para realizar e medir a túa actividade podes usar calquera dispositivo que uses normalmente nos teus adestramentos (GPS, calqueira aplicación móvil de running, cronómetro...). So tes que estar pendente de controlar a distancia e parar o tempo para posteriormente proceder ao rexistro: 

Manual: Los datos se introducen manualmente. 

Strava (APP deportiva): conectando tu cuenta de forma automática. 

REALIZACIÓN POR CURSOS:

- 1º E 2º BAC: XOVES 15 DE ABRIL: 11.30h-13.10h

- 1º ESO "A" e 2º ESO "A": MARTES 13 DE ABRIL: 10.10h-12.10h

- 3º ESO: LUNS 12 DE ABRIL: 13.00h -15.00h

- 2º ESO "B" e 1º ESO "B": VENRES 16 DE ABRIL: 11.00h - 13.10h

- 4º ESO e FP Básica: MÉRCORES 14 DE ABRIL: 12.20 h a 14.00h

A clase con maior porcentaxe de inscritos que realicen a andaina terá un premio: un vale para a cafetería do centro por un valor de 2€ (bocata e bebida saudable).







No hay comentarios:

Publicar un comentario