Cada ano hai 700.000 mortes en Europa por parada cardíaca súbita, 40% das victimas teñen vibrilación ventricular, hai un alto índice de recuperación si se actúa antes da asistolia.
O tratamento óptimo en caso de parada cardíaca en fibrilación ventricular é unha Reanimación Cardio respiratoria inmediata por testigo (RCP) máis unha desfibrilación eléctrica (DESA).
A supervivencia dunha persoa depende do inicio da cadea de supervivencia: unha RCP inmediata proporciona un flujo sanguíneo mínimo pero crítico para o corazón e o cerebro.
Neste programa que estase a levar a cabo na aula: "RCP na aula", aprendemos os distintos protocolos de actuación en caso de emerxencia: reanimación cardio respiratoria (RCP), o manexo do desfibrilador semiautomático (DESA), os eslabóns da cadea de supervivencia, a maniobra Heimlich...
Ademáis de traballar na aula cos muñecos de reanimación e co DESA, tamén saímos fora da aula e fixemos unha pequena carreira de orientación deportiva co alumnado de 4º ESO, repasando os distintos pasos do protocolo C de actuación, o máis completo, persoa INCONSCIENTE QUE NON RESPIRA
No hay comentarios:
Publicar un comentario