viernes, 18 de septiembre de 2020

MATERIAL NECESARIO PARA AS CLASES DE EDUCACIÓN FÍSICA.

Deberedes traer unha bolsa ou mochila pequena (so para EF) cun “kit de E.F.”. 

Este consistirá no seguinte:

·      Unha esterilla deportiva identificada, para facer exercicio enriba dela no chán.

·      Unha máscara e un estoxo identificados para gardala de xeito seguro cando sexa necesario retirala. Sería aconsellable unha máscara de reposto.

·      Solución hidroalcohólica para unha desinfección frecuente das mans, ben identificada.

·   Botella de auga individual claramente identificada. Non existirá a posibilidade de hidratación en billas polo que cada alumno/a será o responsable da súa hidratación. Non se poderá compartir a botella de auga.

·      Roupa de cambio identificada: Camiseta e calcetíns, para cambiarse ao rematar a clase.

·     Toalla pequena identificada ou toallitas hixienizantes, para asearse ao rematar a clase no vestiario.

·   Roupa de abrigo, paraugas (en caso de ser necesario…) Imos facer clase a meirande parte do tempo ao aire libre.




No hay comentarios:

Publicar un comentario