jueves, 31 de octubre de 2019

ANDAINA: CAMIÑAMOS POR RETOS


O día 12 de novembro ás 10.30h farase unha andaina educativo/solidaria para as comunidades educativas do CEIP Plurilingüe Santo Estevo de Parga , CEIP Lagostelle e IES Poeta Díaz Castro de Guitiriz, organizada polos profesores de Educación Física dos tres centros educativos e colaborando na mesma distintos mestres, departamentos didácticos, equipos directivos dos centros e a comunidade educativa en xeral: persoal laboral, personal non docente, familias, centro de saúde de Guitiriz, Concello de Guitiriz, departamento de deportes e  técnicos deportivos do Concello de Guitiriz, protección civil, policía local…

O percorrido realizarase polo pobo de Guitiriz e os seus arredores, sendo a saída e o retorno no campo da Feira de Guitiriz e tendo unha lonxitude de cinco quilómetros para os participantes.

Esta actividade ten catro alicerces fundamentais:
A)      Camiñando por un reto: “Andaina”, contrarrestar e previr a obesidade, o sobrepeso e o sedentarismo mediante a actividade física e hábitos de vida saudables.
B)      Loitar pola igualdade de xénero. ( dorsais con nomes de mulleres deportistas)
C)      Apoio a investigación da leucemia infantil: “V edición vuelta ao cole contra a leucemia infantil” (recaudación de fondos cos que financiar proxectos de investigación infantil, participaremos cunha aportación voluntaria de 1 euro, o IES ingresará dita aportación na conta da ONG: unoentrecienmil.org), entregarase dorsal adhesivo solidario sin numerar o día da carreira e diploma ao finalizar a mesma, premio ao seu esforzo.
D)      Coidamos o medio ambiente, coidamos Guitiriz.( “Recollida de lixo” ao longo do percorrido con luvas reutilizables, formándonos nun planeta limpo e sostible)


Animaos a participar!


            Cartel feito polo alumnado de 3º ESO de Educación Plástica do IES Poeta Díaz Castro.



                 Percorrido da andaina: 5qm                           Noticia: El Progreso:A Chaira, 06/11/19

No hay comentarios:

Publicar un comentario