O día 14 de maio o alumnado de terceiro da ESO acompañado polos seus profesores: Noemí Fernández e Ramón Erias, acudirán "As covas do Rei Cintolo" en Mondoñedo (Lugo).
Disfrutarán dunha xornada de "Espeleoloxía" e "Sendeirismo".
A ruta de sendeirismo será pola estrada de Argomoso cara os montes "Das Bouzas", ruta do "Camiño das sete voltas",onde se esconde a Fervenza Salto do Coro. Seguimos as indicacions cara a un desvío á esquerda por unha pendente onde abundan árbores autóctonos co sonido de fondo do río Valiñadares.
Para chegar ao pé da fervenza teremos que subir por unhas escaleiras de pedra. O paraxe que rodea a fervenza é fantástico, xa que mires a onde mires sempre ves vexetación.
A Cova do Rei Cintolo, é a máis grande de Galicia, cos seus máis de 7500 metros de lonxitude, está situada en Supena (Argomoso).
No interior encontramonos cun fantástico paisaxe de salas e galerías, e incluso, un pequeño lago e ríos subterráneos.
A cova está distribuída en tres galerías que mostran interesantes formacions xeolóxicas creadas polo auga nun enorme macizo de roca caliza.
A principios de 2006, o Concello de Mondoñedo puso en marcha un programa de visitas guiadas, poñendo fin a unha situación de peche que xa parecía definitiva.
A cavidade é obxecto de distintas lendas:
No hay comentarios:
Publicar un comentario