jueves, 11 de abril de 2019

XORNADA BILINGÜE DE CULTURA GALEGA E DE PAÍSES DE FALA INGLESA.


Con motivo da "I Xornada Deportivo-Artística de Seccións Bilingües" organizada polos departamentos de Educación Física e Educación Plástica e Artística, os departamentos de Actividades Extraescolares, Inglés, Galego, Música e Linguas Castelá e Galega colaboraron na actividade interdisciplinar e  intercentros (IES Poeta Díaz Castro, CEIP Plurilingüe Santo Estevo de Parga e CEIP Lagostelle) o día 11 de abril ás 11.15h.
Todos disfrutamos dun día cheo de xogos  galegos e de países de fala inglesa, gastronomía, música, arte e unha cazaría de ovos de pascua na praza do "Campo da Feira de Guitiriz",  os rapaces (e os non tan rapaces) pasaron un día distinto e moi divertido.

Vigotsky como teórico do construtivismo dicíanos que canto máis atractiva sexa unha actividade, máis significativo será a aprendizaxe que obteñamos a longo prazo e permanecerá nos nosos alumnos por máis tempo, espero que as boas vivencias permanezcan en todos/as vós por sempre.

Por iso, esta xornada tivo a misión de:
-Promover o pracer pola Lingua Estranxeira: Inglés, Música, Educación Física, Educación Plástica e Visual, Linguas Castelá e Galega.
-Valorar o xogo tradicional doutros países e do propio como medio de gozar e de relación cos demáis.
-Formar persoas competentes que poidan utilizar as linguas para falar, comprender, ler e escribir creando actitudes positivas cara ás mesmas e, ao mesmo tempo, axudar a comprender e valorar a lingua propia.
-Entender mellor a realidade, de formarse integralmente, de relacionarse con membros doutros países, de enriquecer o seu mundo cultural favorecendo actitudes de respecto e tolerancia.
-Integrarnos nun sistema educativo dinámico, que adapta o ensino á demanda da vida real.
-Promover un bilingüismo cunha formulación de Comunidade de Aprendizaxe (toda a Comunidade Educativa vai estar implicada no desenvolvemento do proxecto: familias, profesorado e alumnado dos distintos centros escolares, Concello, voluntarios,…)
-Favorecer o espírito emprendedor, traballo en equipo, coordinación, relación e formación intra e inter centros, mediante actividades e experiencias  conxuntas entre o IES e  os centros de primaria do mesmo Concello.
-Desenvolver a competencia comunicativa do alumnado e das competencias intrapersonales, interpersoais e interculturais que lle axuden a evolucionar como individuo autónomo capaz de desenvolverse con éxito nunha sociedade pluricultural.

A lista de agradecementos é extensa, agradecemos o traballo dos auxiliares de conversa: James, Nini e Elena, agradecementos tamén ás direccións e aos profesores dos tres centros implicados, ao Concello de Guitiriz e ao Técnico de Deportes: Manolo.
Finalmente mandamos un especial agradecemento ao alumnado dos tres centros pola participación, colaboración, traballo, cariño, esforzo, dedicación e limpeza en todo momento.


Todos vós fixestes desta actividade un éxito.
GRACIAS!



                                                              FOTOS DA XORNADA

No hay comentarios:

Publicar un comentario