jueves, 28 de marzo de 2019

MICROMACHISMOS NO DEPORTE.

Os días 26 e 28 de marzo, o alumnado das seccións bilingües de Educación Física de 3º, 4º ESO e 1º BAC no tempo de lecer, fixemos unhas representacións na entrada do IES acerca de "Micromachismos no deporte".
En primeiro lugar, a profesora de Educación Física: Noemí xunto coa auxiliar de conversa: Elena, ensinaron ao alumnado vídeos famosos totalmente normalizados dos que antes non nos decataramos dos actos machístas que neles tiñan lugar.
Despois estivemos falando do tema e incluso nos comentaron experiencias persoais que elas viviran, como que en Arxentina as mulleres non podían acceder ao estadio a ver partidos de fútbol se non ían acompañadas con homes, con xustificacións tales como que podía ser perigoso para elas por iso tiñan que ir cun home que as protexera.
A partir de tratar o tema, dividímonos en grupos e cada grupo elixiu un micromachismo para representar mediante comunicación oral: inglés e comunicación corporal: expresión corporal; algúns dos micromachísmos que saíron no "brain storming" foron tales como: recibir un premio de menor tamaño por ser muller, vestimenta axustada para as mulleres, vestimenta de mulleres, ver e practicar deporte acompañadas,  insultos e "piropos" innecesarios, infravaloración nos logros deportivos das mulleres en xornais, TV e na sociedade en xeral...;todas elas actitudes normalizadas que nunca deberían sufrir as mulleres.

Con esta actividade aprendemos cousas tan interesantes como: 
- Traballamos a igualdade de xénero.
- Aprendemos a non normalizar os micromachismos.
- O Deporte é para as persoas non para os xéneros.
- Melloramos a comunicación en inglés.

Gracias pola aprendizaxe!

Alumnado de 1º BAC.


                                                    VÍDEOS E FOTOS DA XORNADA


No hay comentarios:

Publicar un comentario