O lúns día 17 de decembro, os Departamentos de Orientación Educativa e Educación Física organizamos no IES unha xornada de Deporte adaptado e Arte adaptada, coa inestimable axuda do alumnado de "Vida Saudable e Deportiva" de 2º BAC e tamén coa axuda de persoas pertencentes a COGAMI, COCEMFE e ACADAR.
Traballamos co alumnado de 1º e 2º ESO, para conciencialos de que de maneira adaptada todo o mundo pode facer de todo neste mundo, tiveron a oportunidade de aprender a xogar a deportes como: Boccia, Goalball, Baloncesto en cadeira de rodas é tamén probaron as súas habilidades artísticas de maneira adaptada: pintura en mural.
A continuación deixovos un pouco explicado que é deporte adaptado, deporte inclusivo e deporte paralímpico.
Algunhos deportes convencionais adaptaron algunha das súas características para axustarse ás necesidades dun determinado colectivo de persoas con discapacidade que o va a practicar, xurdindo así o Deporte Adaptado.
"Aquela modalidade deportiva que adaptase ao colectivo de persoas con discapacidade ou condición especial de saúde, xa sea porque realizaronse unha serie de adaptacións ou modificacións para facilitar a práctica de aqueles, ou porque a propia estructura do deporte permite a súa prática” (Reina, 2010)."
As modificacións poden facerse en (Reina, 2010):
• O regulamento
• O material
• As adaptacións técnico tácticas (considerando as esixencias formais e funcionais do deporte adaptado tratado).
• O espacio
Mentras que en outros casos, creouse unha modalidade deportiva nova a partir das características específicas dun determinado colectivo de persoas con discapacidade, como pode ser a Boccia ou o Goalball (PC e discapacidad visual, respectivamente).
Por outro lado, os Deportes Paralímpicos, son aquelas modalidades deportivas que compiten nos Xogos Paralímpicos, nos que participan deportistas con discapacidades físicas (lesión medular, amputacions, parálisis cerebral,...), discapacidade visual e discapacidade intelectual (coa súa reincorporación nos Xuegos de Londres 2012).
O Deporte Inclusivo, é definido como:
Actividade física e deporte que permite a prática conxunta de persoas con e sin discapacidade
axustándose ás posibilidades dos practicantes e mantendo o obxectivo da especialidade
deportiva que se trate. Supón un axuste ou adaptación nas regras e o material utilizado co
fin de fomentar a participación activa e efectiva de todolos participantes.
axustándose ás posibilidades dos practicantes e mantendo o obxectivo da especialidade
deportiva que se trate. Supón un axuste ou adaptación nas regras e o material utilizado co
fin de fomentar a participación activa e efectiva de todolos participantes.
ALGUNHAS FOTOS DA XORNADA
No hay comentarios:
Publicar un comentario