lunes, 17 de septiembre de 2018

BENVIDOS!.

Ola a todos/as!
Como profesora do departamento de Educación Física do IES Poeta Díaz Castro de Guitiriz, douvos a benvida a este blogue.
Espero que pasárades un verán xenial e veñades coas pilas moi, moi carregadas para afrontar un novo curso académico, unha nova aventura.
Aquí informareivos das datas dos exames e das exposicións orais, calendarios das ligas internas, actividades complementarias e extraescolares que terán lugar ao longo do curso dentro do programa Proxecta: Proxecto deportivo de centro e Xogade nos cales estamos incritos.
Deixareivos os apuntes importantes da asignatura e calqueira outra cousa relacionada co mundo do deporte e da actividade física que considere que poida servos de utilidade.
Bo rumbo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario