miércoles, 22 de febrero de 2017

XORNADA: "DEPORTE E ESTUDIO"

O mércores 22 de febreiro tivemos a sorte de contar coa presenza no centro dos xogadores do C.B. Breogán Café as Candelas: José Salvador Arco Frías e Rafael Huertas Navajas, ademáis de co seu preparador físico o Guitiricense José Miragaya.
A xornada comezou no Salón de Actos ás 12,50h coa presenza de alumnado de todos os cursos do instituto.
Presentouse o vídeo: "Hai unha estrela non teu interior", traballo interdisciplinar dos Departamentos de Educación Física e Música, no cal Sandra Tenreiro compuxo unha canción inspirada nos Himnos do deporte elaborados polo alumnado, para a materia de Educación Física.

Despois o alumnado de 1º ESO que presentou a xornada falounos sobre:
- Breve historia do club
- Estrelas do club. Pasado e presente.

Máis tarde os xogadores e o preparador físico deron unha charla sobre "Estudo e Deporte".
A xornada finalizou con sesión de fotos, firma de autógrafos, agradecementos, agasallos para o club e recomendación do libro: "O Cincuentenario do Breogán" do asturiano Cipriano Fernández.




No hay comentarios:

Publicar un comentario