jueves, 16 de abril de 2015

CAMPEONATO PROVINCIAL DE LUGO DE ORIENTACIÓN, 22 DE ABRIL DE 2015.

PROGRAMA:
10.00-10.30 h. Recepción e control de participantes.
11.00 h. Saída dos primeiros corredores.
13.00 h. Entrega de medallas, e clausura; ao finalizar regreso a Guitiriz.
(O alumnado ao finalizar a competición recibirá un bocata, auga e unha peza de froita)
SISTEMA DE COMPETICIÓN:
Realizarase unha carreira a pé por categoría na modalidade individual diurna, de distancia adecuada, con paso obrigatorio polos controis na orde indicada no mapa. A clasificación será en función de invertir menos tempo en rematar o percorrido correitamente. Establecerase unha clasificación individual para cada categoría masculina e feminina e haberá medallas para ós tres primeiros clasificados en cada categoría.
NORMAS:
• Os participantes entrarán na zona de concentración antes das 10:30 h, donde estarán ata a súa saída, que será con chamada, sobre hora preasignada.
•Fixarase un tempo máximo de hora e media para todos os percorridos. Transcurrido ese tempo, o participante quedará descalificado, e deberá regresar inmediatamente á zona de meta.
•É recomendable que os participantes compitan con roupa lixeira. E teñan roupa e calzado para cambiarse ó rematar.
•O participante debe levar o mapa coa información dos controis, que recolle no momento en que se lle dá a saída.
• É obrigatorio realizar o percorrido na orde indicada no mapa, para non ser descalificado. ¡Ollo ó código da baliza!.
•A perda do mapa, ou o non paso por tódolos controis tamén será motivo de descalificación.
• Non está permitido falar nin seguir a outros corredores, pois é unha carreira individual.
•Todas as persoas que toman parte nunha carreira de orientación deben amosar respecto cara ós outros participantes, organizadores e espectadores.
• Todo competidor debe prestarlle axuda a un corredor se o ve lesionado.
• O corredor debe respetar a sinalización da carreira e as balizas-control.
•É obrigatorio pasar pola meta, aínda que se produza o abandono. Ó remate do seu percorrido e paso por meta, volverán para a Zona Control.
• O corredor debe respetar a propiedade privada, o mobiliario urbano e non pasar por zonas prohibidas, tanto organizadores como competidores están obrigados a respetar o medio natural.
• Poderán ser descalificados os corredores que cometan irregularidades antes, durante ou despois da proba, haberá observadores comprobando que se cumpren as normas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario