jueves, 29 de abril de 2021

DÍA DA EDUCACIÓN FÍSICA NA RÚA, CASA, CENTRO. 2021 #DEFC2021 #DEFR2021

 

Como centro educativo, unímonos ao día da Educación Física na rúa, para dar a coñecer o poder que ten a Educación Física.


Día da Educación Física na rúa celebrase o 28 de abril para mostrar a importancia da Educación Física para o desarrollo integral e integrado en todas as idades, concienciar sobre o sedentarismo, difundir a actividade física saudable, etc.

Queremos unha sociedade máis activa, queremos unha sociedad saudable, e queremos:

  • Transmitir os valores que a práctica da actividade física axuda a potenciar: esforzo, autosuperación, cooperación, empatía...

  • Dar a coñecer a nova Educación Física: integradora, variada e divertida orientada a transmitir hábitos de vida saudable

  • Mostrar á sociedad parte do traballo realizado nas clases de Educación Física

  • Animar á sociedade a adoptar un estilo de vida activo

  • Fomentar a práctica de actividades físicas variadas e en compañía para o bienestar físico, psíquico e social

  • Promover a difusión de actividades físicas saudables pouco coñecidas.

  • Promover a necesidade dun aumento de horas de Educación Física no sistema educativo en sintonía coa opinión do ministerio de sanidade, o CSD, a UNESCO e a OMS.


Por todo elo, neste ano de pandemia, dende o noso IES celebramos o día bailando.




jueves, 22 de abril de 2021

PDC E PROXECTO INTERDISCIPLINAR DE AULA DE 3º ESO: PREMIOS GUITIRIZ TERMAL 2021.

A semana do 12 ao 18 de abril o Concello de Guitiriz organizou unha nova edición da carreira solidaria Guitiriz termal.

Nesta edición a nosa participación ao longo da semana facendo a andaina de 7K por grupos de convivencia escolares foi moi importante, chegando a ser finalmente uns 143 alumnos/as e 12 profesores/as os que fixeron a súa inscripción e un total de 181 alumnos/as que a realizaron., recaudando para "Somos unidos por el Cáncer" uns 310 euros.

A vosa resposta solidaria foi moi importante, estamos moi orgullosos/as de vós.

PREMIOS DA ANDAINA SOLIDARIA.

*CLASE SOLIDARIA

- A clase con maior porcentaxe de inscritos na andaina 7 K : PREMIO CORTESÍA DO DEPARTAMENTO DE EDUCACIÓN FÍSICA E DO IES POETA DÍAZ CASTRO, vale para a cafetería do centro por un valor de 2€ (bocata e bebida saudable)

As clases premiadas nesta edición foron:

  
                                     1º de Bachillerato.                                                 2º de Bachillerato.

                                                                                  3º ESO B

*GRUPO DE CONVIVENCIA ESCOLAR MÁIS RÁPIDO EN COMPLETAR O RECORRIDO:

O grupo de convivencia de 4º ESO e FP Básica foi o máis rápido cun rexistro de 1:21:09

4º ESO

FP BÁSICA.

*ALUMNADO MÁIS SOLIDARIO, POR DIVERSOS XESTOS QUE TIVERON DURANTE A ANDAINA:

Gabriel Lorenzo de 2º B: PREMIO DUN BONO DE 15 DÍAS PARA A PISCINA DE GUITIRIZ, CORTESÍA DO CONCELLO DE GUITIRIZ.

Noa Longarela Carro 3º ESO A:  PREMIO DUN BONO DE 15 DÍAS PARA A PISCINA DE GUITIRIZ, CORTESÍA DO CONCELLO DE GUITIRIZ.

Nara Gómez Gómez de 3º ESO A: PREMIO DUN BONO DE 15 DÍAS PARA A PISCINA DE GUITIRIZ, CORTESÍA DO CONCELLO DE GUITIRIZ.

Marta Otero López de 1º Bachillerato: PREMIO DUN BONO DE 15 DÍAS PARA A PISCINA DE GUITIRIZ, CORTESÍA DO CONCELLO DE GUITIRIZ.

Sergio Fariñas Herrera de 1º Bachillerato: PREMIO DUN BONO DE 15 DÍAS PARA A PISCINA DE GUITIRIZ, CORTESÍA DO CONCELLO DE GUITIRIZ.

* PREMIO AO ESFORZO, TRABALLO E PROGRESIÓN DEPORTIVA Á ALUMNA: 

Elena Denisa Bosioc de 2º ESO A: PREMIO DUN BONO DE 15 DÍAS PARA A PISCINA DE GUITIRIZ, CORTESÍA DO CONCELLO DE GUITIRIZ.

* PREMIO Á PERSEVERANCIA AO  ALUMNO: 

Iker Mourin Saavedra de 2º ESO A: PREMIO DUN BONO DE 15 DÍAS PARA A PISCINA DE GUITIRIZ, CORTESÍA DO CONCELLO DE GUITIRIZ.

* SORTEÁRASE ENTRE O ALUMNADO INSCRITO NA ANDAINA: MOCHILAS, CAMISETAS E BONOS DE PISCINA CORTESÍA DO CONCELLO DE GUITIRIZ, NO RECREO DO VINDEIRO LUNS 26/04/2021 ÁS 13.00H NA PISTA POLIDEPORTIVA.

                                                                                                                         







* O CONCELLO DE GUITIRIZ SORTEOU ENTRE OS PARTICIPANTES, VALES DE 20 EUROS PARA GASTAR NA HOSTALARÍA DE GUITIRIZ, DO NOSO CENTRO OS DORSAIS AGRACIADOS FORON: 284 Paula González Riva, 273 Laura Filgueiras Prieto, 132 Iria Fernández Moscoso, 245 Silvia Silvosa Regueiro, 179 Noa Ferreiro Rosende, 248 Alejandro González Riva, 121 Sara Paz Miragaya, 188 Lía Santamariña iglesias, 190 Gabriel Iglesias Gayoso, 167 Zahira Gómez García, 157 Iván Morandeira López, 160 Noa Longarela Carro, 223 Maite Villar Sánchez. 

FOTOS DA ANDAINA



El Progreso, 19 de abril de 2021.


El Progreso, 25 de abril de 2021.

jueves, 15 de abril de 2021

MÚSICA E MOVEMENTO.

 A materia de Música con Sandra Tenreiro traballou ritmos coa clase de 3º ESO B, primavera de Vivaldi e movemento.

A Música e a Educación Física sempre ligadas.



Seguide movéndovos!


martes, 6 de abril de 2021

GUITIRIZ TERMAL ANDAINA 7k E PROXECTO DIDÁCTICO DE AULA INTERDISCIPLINAR DE 3º ESO : ETIQUETADOS.

A semana do 12 ao 18 de abril o Concello de Guitiriz organizou unha nova edición da carreira solidaria Guitiriz termal, nesta edición adaptada a situación actual de pandemia, polo que será virtual, no noso caso ímola facer presencial por cursos, na modalidade: andaina

As inscricións serán ata o 18 de abril inclusive na páxina web oficial do evento: https://guitiriztermal.ccnorte.com/ , pidovos por favor que en caso de facer a inscripción a fagades o antes posible, si é posible antes do martes día 13 de abril.

O prezo da inscrición é de 2€. Haberá unha opción no proceso de inscricion por si alguén quere facer algún donativo a maiores.

A recaudación será íntegra doada a “Somos unidos por el Cáncer”.

A distancia a percorrer será unha carreira de 5K ou unha andaina de 7K, no noso caso ímos realizar a andaina de 7K alumnado e profesorado. Dende a organización propoñennos un recorrido para a andaina o cal faremos cumprindo coa normativa e protocolos Covid, ademáis, teremos en conta o respecto e cumprimento da normativa sobre seguridade viaria. 

Todos/as os/as que fixeran a inscripción, terán que imprimir o seu dorsal e levalo o día que fagamos a andaina, os/as que fixeron a inscripción por medio do departamento de Educación Física, dareivos o dorsal o día que vos toque a andaina.

Esta actividade: camiña con etiquetas solidarias,  enmarcarase tamén no proxecto educativo de aula de 3º ESO: Etiquetados.

Para realizar e medir a túa actividade podes usar calquera dispositivo que uses normalmente nos teus adestramentos (GPS, calqueira aplicación móvil de running, cronómetro...). So tes que estar pendente de controlar a distancia e parar o tempo para posteriormente proceder ao rexistro: 

Manual: Los datos se introducen manualmente. 

Strava (APP deportiva): conectando tu cuenta de forma automática. 

REALIZACIÓN POR CURSOS:

- 1º E 2º BAC: XOVES 15 DE ABRIL: 11.30h-13.10h

- 1º ESO "A" e 2º ESO "A": MARTES 13 DE ABRIL: 10.10h-12.10h

- 3º ESO: LUNS 12 DE ABRIL: 13.00h -15.00h

- 2º ESO "B" e 1º ESO "B": VENRES 16 DE ABRIL: 11.00h - 13.10h

- 4º ESO e FP Básica: MÉRCORES 14 DE ABRIL: 12.20 h a 14.00h

A clase con maior porcentaxe de inscritos que realicen a andaina terá un premio: un vale para a cafetería do centro por un valor de 2€ (bocata e bebida saudable).