A orientación é a capacidade que temos os seres vivos de situarnos no espacio, identificando tanto o lugar onde estamos como aquel ao que deseamos chegar.
A Orientación Deportiva é unha modadalidade deportiva na que o obxectivo do participante é realizar no menor tempo posible un percorrido marcado no plano e sobre o terreo por puntos de control. A carreira realizase dende a saída ata a meta visitando os puntos de control na orde indicada sobre o plano, de maneira individual e co compás como único instrumento válido de axuda.
Comenzamos o trimestre orientándonos no noso espacio próximo, Guitiriz.
3º e 4º da ESO saíron ao pobo e fixeron o percorrido que se lles deu no menor tempo posible por pequenos grupos, en 4º da ESO o percorrido tivo temática: "Cadea de supervivencia" ( Tiñan que facer o percorrido pola orde que pensaban que é a cadea de supervivencia) e en 3º ESO: "Carteis artesanais" (marcouselles un percorrido e tiñan que sacar unha foto no lugar atopado)
3º ESO .