Ola!
Espero que vos atopedes ben e fagades moito deporte na rúa, pero lembrade: con sentidiño.
Quero facervos un recordatorio:
Na medida do posible o alumnado tentará conectarse a súa Google Classroom correspondente na hora marcada para cada curso.
Como ben sabedes conectámonos un 50% das horas que tedes de clase, 1 hora (nesa hora vemos se todos/as estades ben e ademáis resolvemos as dúbidas que xorden sobre as tarefas), a outra hora é para traballar as tarefas.
-HORARIO DE CONEXIÓN:
LUNS:
-09.20H-10.10H: 2º ESO B
-10.10H-11.00H: 1º ESO A
-11.2OH-12-10H: 3º ESO BILINGÜE.
MARTES:
-13.20H-14.10H: 2º BAC
-14.10H-15.00H: 3º ESO NON BILINGÜE.
MÉRCORES:(ATENCIÓN A FAMILIAS E ALUMNADO EN CASO DE DÚBIDAS)
-10.10H-11.00H:
noefp102@gmail.com
noefp@edu.xunta.es
XOVES:
-11.30H-12.20H: 1º BAC
-12.20H-13.10H: 1º ESO B
VENRES:
-12.20H-13.10H: 2º ESO A
-13.10H-14.00H: 4º ESO
TAREFA SÉTIMA SEMANA: LÍÑA DE TEMPO (TIME LINE)
Esta semana ídes facer unha actividade que ten moito que ver cun proxecto que estase a desenvolver no centro: "Donas de sí", proxecto que loita pola igualdade de xénero.
-Que hai que facer?
Nós, dende o Departamento de Educación Física, ímos contribuir cunha actividade que consiste en facer unha liña de tempo, dende o voso ano de nacemento ata o ano 2020 ( ambos inclusive), destacando cada ano un feito importante que fixera unha muller deportista ou un equipo de mulleres deportistas.
-Exemplo: Ano 2016 (Ruth Beitia: Medalla de ouro nas Olimpiadas de Río de Janeiro en salto de altura)
- Que é unha liña de tempo?
As liñas de tempo son unha ferramenta visual, para ordear cronolóxicamente acontecementos que ocorreron ao longo dun periodo de tempo.
A información que da contexto á liña de tempo debe ser breve e concreta.
Si a liña de tempo é horizontal, os sucesos comenzan a trazarse de esquerda a dereita.
Si é unha liña vertical, de arriba cara abaixo.
Por exemplo:
- Como podo facer unha liña de tempo?
Aquí deixovos un enlace con 15 ferramentas para crear liñas de tempo: https://www.educaciontrespuntocero.com/recursos/herramientas-crear-lineas-tiempo/
-Que instrucións debo seguir?
- A liña de tempo comeza o voso ano de nacemento e remata no ano 2020.
- En cada ano debedes poñer: Foto e nome da deportista destacada ou equipo femenino destacado, deporte que practica e feito importante polo que destacou ou destacaron ese ano, podedes engadir enlaces a videos, a noticias...
- OS CURSOS DA SECCIÓN BILINGÜE 3º BIL, 4º ESO E 1º BAC deben facer a tarefa en Inglés.
-Cando se abre a tarefa esta semana na google classroom?
A tarefa para todos os cursos abrese na Google classroom o lúns día 04.
-Cando se entrega a tarefa desta semana?
A tarefa presentarase ao longo da semana rematando a entrega o venres ás 23.59h
No hay comentarios:
Publicar un comentario