domingo, 26 de abril de 2020

DÍA DA EDUCACIÓN FÍSICA NA CASA 2020! #DEFC2020#DEFR2020

Ola!
Espero que vos atopedes ben, e máis agora que podemos sair a dar un paseiño e pronto poderemos facer deporte na rúa.
O segundo é facervos un recordatorio:
Na medida do posible o alumnado tentará conectarse a súa Google Classroom correspondente na hora marcada para cada curso.
Como ben sabedes conectámonos un 50% das horas que tiñades de clase, 1 hora (nesa hora vemos se todos/as estades ben e ademáis resolvemos as dúbidas que xorden sobre as tarefas), a outra hora é para traballar as tarefas.

Nesta semana o venres día 01 de maio, non hai clase pois é festivo:
"2º ESO A" e "4º ESO":  Esta semana non temos conexión o venres, pero sí debedes facer a tarefa que abrirei o luns. Se tedes dúbidas as resolvo por mail ou Google classroom.

-HORARIO DE CONEXIÓN:
LUNS:
-09.20H-10.10H: 2º ESO B
-10.10H-11.00H: 1º ESO A
-11.2OH-12-10H: 3º ESO BILINGÜE.
MARTES:
-13.20H-14.10H: 2º BAC
-14.10H-15.00H: 3º ESO NON BILINGÜE.
MÉRCORES:(ATENCIÓN A FAMILIAS E ALUMNADO EN CASO DE DÚBIDAS)
-10.10H-11.00H: 
noefp102@gmail.com
noefp@edu.xunta.es
XOVES:
-11.30H-12.20H: 1º BAC
-12.20H-13.10H: 1º ESO B
VENRES:
-12.20H-13.10H: 2º ESO A
-13.10H-14.00H: 4º ESO 

TAREFA SEXTA SEMANA: #DEFC2020#DEFR2020

Esta semana celebrase o martes 28, o Día da Educación Física, normalmente na rúa, pero como estamos confinados cambiarono e este ano vai ser o " Día da Educación Física na casa". 

-Que hai que facer?
Propoñovos que subades vídeos curtos realizando algunha actividade física relacionada coa EF ás redes sociais, se tedes:  Twitter, Facebook, Instagram, Tik Tok…, e tamén que os enviedes á carpeta de aula da vosa Google classroom. 


-Que instrucións debo seguir?
  1. Identificarvos (falando ou por escrito no video), nome e apelidos.
  2. Identificar o noso centro educativo: IES Poeta Díaz Castro de Guitiriz (falando ou por escrito no video)
  3. Explicar a que contido se refire o video que ides a facer: expresión corporal, rugby, fútbol, danza, baloncesto, atletismo, orientación deportiva... (falando ou por escrito no video).
  4. Decides unha ou dúas palabras sobre o que vos aporta a Educación Física. (falando ou por escrito no video) Os cursos de sección Bilingüe en Inglés, 3º, 4º ESO e 1ºBAC
  5. No texto da súa publicación incluíde o nome do noso IES: IES Poeta Díaz Castro e o hashtag: #DEFC2020 #DEFR2020 (falando ou por escrito no video)

-Cando se abre a tarefa esta semana na google classroom?
A partires desta semana abrirei a tarefa para todos os cursos o domingo, para que xa a teñades o luns cando comenzedes a traballar, e así podades planificarvos mellor.


-Cando se entrega a tarefa desta semana?
Tentade facer e subir a tarefa ás redes sociais e a Google classroom o martes 28 se é posible, pois é o día que se celebra, gracias.
Se non é posible, ao longo da semana a entregades ata o xoves inclusive.

-Debo ter as miñas redes sociais públicas?
Non, sempre debedes telas en privado.

Google detecta o voso vídeo co hashtag cando o subídes,  o algoritmo de Google será o encargado de decidir si o evento sale en primera posición, en segunda ou si se vai ata o décimo lugar, polo tanto canta máis xente poña o hashtag máis publicitado estaría o evento.
O reto desta semana é inundar as redes sociais con ese hashtag para que figure como moi publicitado e que "O día da Educación Física na rúa (casa)" sexa moi coñecido.
Eu tamén vou ver voso video, pero non nas vosas redes sociais, pois tamén debedes subilo á google classroom.


-A maiores e voluntariamente: Tarefa extra con puntuación extra.


O día 28 de abril, día do #DEFC2020 #DEFR2020, a través de YouTube Consejo COLEF, farase unha sesión de Educación Física e Deportiva, por se alguén ten libre esa hora e vos apetece facela en directo ou cando poidades. (Se a facedes e subides á Google classroom un video curto resumo da mesma (pode ser en time-lapse: cámara rápida), subiredes nota na terceira avaliación)



Horario: 

  • Primaria, ás 10:00 h (Por se tedes irmáns pequenos e lles apetece)
  • Secundaria, ás 11:00 h
  • Bacharelato, a las 12:00 h





Tede unha boa semana e disfrutade da ponte!
Unha aperta

#todosairáben
#quedanacasa
#apoioincondicional2bac

No hay comentarios:

Publicar un comentario