martes, 31 de mayo de 2022

PVSD: TREASURE HUNT. CAZA DO TESOURO. 3º e 4º da ESO

Nesta actividade, colaboración co Proxecta: Proxecto de Vida Saudable e Deportiva, animouse ao alumnado de 3º e 4º da ESO a seguir unhas pistas polo centro que tiñan preguntas de distinto tipo, pero as cales estaban todas relacionadas co contido gramatical e léxico visto durante todo o curso da materia de inglés.

Cada clase participou nesta actividade na súa hora semanal da materia de inglés na que teñen clase co auxiliar de conversa e saiuse da clase de referencia para buscar pistas por todo o centro.

Dividiuse a clase en grupos de tres e catro persoas, segundo permitían o número de alumnado en cada clase  e deuselles a cada grupo unha pista diferente, para empezar en puntos diferentes. Tamén se lles repartiu unha ficha de respostas onde tiñan que anotar as solucións ás preguntas. Despois de que recibiran a primeira pista que lles indicaba a qué parte do centro se tiñan que dirixir, alí logo de buscar o papel coa pregunta e respondela na ficha de respostas, tiñan tamén unha pista que lles dicía a onde se tiñan que dirixir despois. Así recorreron todo o centro buscando as pistas e respondendo as preguntas ata que chegaban ó punto de partida.

Cada resposta correcta recibía unha puntuación e os que máis rápido remataban a tarefa tamén recibían puntos a maiores. Isto animaba ó alumnado a respostar correctamente ás preguntas ó igual que lles facía estar involucrados na tarefa, xa que competían coas compañeiras e compañeiros tamén en rapidez. O grupo gañador gañaba un cofre cun premio, a modo de reforzo positivo, que podían repartir co resto do alumnado. Con esta tarefa o alumnado abandonou a súa clase de referencia, facendo actividade física e poñendo a proba ao mesmo tempo os seus coñecementos da materia. 

TREASURE HUNT

This class activity, connected with "Proxecta: Healthy and Sporty life", encouraged the students of 3rd and 4th of Secondary to follow clues around the school. premises These clues had also questions of different nature, but they all were related with the grammatical and lexical content acquired during the whole school year. Each class participated in this activity during their normal weekly English session with the conversational assistant, and they left their classroom of reference to look for the clues around the entire school building.

The class has been divided in groups of three or four students, depending on the number of students in each class. Each group was given a different clue, to start at different points of the hunt. An answer sheet was given out to each group of students, where they had to write down the answers to the questions made in the different clues. After receiving the first clue in the classroom, which lead them to their first question that was hidden in the school building, they had to answer the question on their answer sheet and get to the next question with the help of the next clue given at the same place where the question was. This is how they got around the entire school premises, looking for the questions and clues, answering the clues, until they got to their starting point.

Each correct answer received a certain amount of points and the groups that finished the task first also received extra points for their speed. This encouraged students to answer the questions correctly, as well as being motivated to finish fast, as they were competing with their classmates in speed. The winning team won a treasure chest filled with a prize, in order to give positive reinforcement, which they could share with their classmates. This task encouraged the students to leave their normal set of learning environment and they did Physical Education at the same time that they could test their own capabilities and knowledge of the content of this subject studied during the entire school year. 










jueves, 26 de mayo de 2022

PVSD: PREPARACIÓN NA AULA DE MÚSICA DA XORNADA DE ACOLLIDA AO ALUMNADO QUE VIRÁ O VINDEIRO CURSO AO CENTRO DENDE DISTINTOS CEIP.

O alumnado de música de 1º, 2º e 3º da ESO, traballou a coreografía de "Terra" ( o tema das Tanxugueiras) durante o mes de maio. 

A finalidade era facer unha actividade musical con movementos de danza, convidando ao alumnado de 6º de EP dos CEIP da comarca (CEIP Santo Estevo de Parga, CEIP Lagostelle,  a bailar con eles, na xuntanza do día 25 de maio.

Por outra banda, todos os conceptos musicais traballados na aula, na partitura, son agora traballados tamén co movemento corporal, o que afianza o coñecemento adquirido anteriormente.

O profesorado de Música dos tres centros colaborou activamente na organización e desenvolvemento da actividade (compartindo materiais, tutoriais...)

Con esta actividade adquiríronse valores tales como: traballo en equipo, empatía, amizade cos futuros alumnos do IES...


DANZA COLECTIVA: XORNADA DE ACOLLIDA AO ALUMNADO



lunes, 23 de mayo de 2022

PVSD: RÁFTING 1º BACHARELATO.

Hoxe, día 23 de maio, estivemos co alumnado de 1º de Bacharelato en Herbón (Padrón) practicando e aprendendo unha nova especialidade deportiva, Ráfting polo río Ulla, actividade enmarcada dentro do Proxecto Deportivo de Vida Activa e saudable do centro, coordinado polo Departamento de Educación Física.

Nesta ocasión o profesorado acompañante foi Noemí Fernández Pedraza do Departamento de Educación Física e o auxiliar de conversa Thomas Hermsen.

Moitas gracias polo voso impecable comportamento e saber estar!








viernes, 20 de mayo de 2022

PVSD: LIGA INTERNA DE XADREZ.

Durante os meses de abril e maio tivo lugar na biblioteca do centro a liga interna de Xadrez coordinada polo Departamento de Educación Física, actividade enmarcada dentro do Proxecto de Vida Activa e Saudable do centro.

Na liga interna participou alumnado de cursos da ESO e BAC, profesorado e o noso auxiliar de conversa Thomas Hermsen

Este ano os vencedores foron:

 -Comunidade educativa: o profesor do Departamento de Matemáticas: Xosé.

- Alumnado do IES: Jaime Beres Amenedo.

Parabéns aos vencedores!







viernes, 13 de mayo de 2022

PVSD: CONCURSO BALONCESTO: LANZAMIENTOS A CANASTA

 Na semana do 09 ao 13 de maio, no tempo de lecer, fíxose un concurso de lanzamentos a canasta, participou alumnado dende 1º da ESO ata 2º BAC e profesorado.

O concurso consistiu en:

- 10 lanzamentos a canasta dende cinco postas diferentes, con dous balóns en cada posta, co primeiro balón encestado de cada posta obteríase1 punto e co segundo balón 2 puntos.

-6 lanzamentos a canasta dende dúas postas diferentes á altura dos lanzamentos triplos, con tres balóns en cada posta, con cada lanzamento encestado obteríase 3 puntos.

Os postos acadados na ESO e BAC foron: 

CATEGORÍA ALUMNADO MASCULINO

1º POSTO: 

Danny Andrew Whitten Losada de 3º ESO

2º POSTO: 

Xoel Ferreiro Rosende de 2º BAC

         Yago Martínez Pena de 1º BAC

3º POSTO: Daniel García Cordeiro de 1º BAC

CATEGORÍA ALUMNADO FEMININO

1º POSTO: Marta Elisa Sanmartín Campello de 1º BAC

2º POSTO: Ainara Barrul Miranda de 2º BAC

3º POSTO: Irene López Fernández de 3ºESO











CATEGORÍA PROFESORADO

1º POSTO: Fran Loureiro González

2º POSTO: Miguel Anxo Barreiro Díaz

3º POSTO: Noemí Fernández Pedraza




viernes, 6 de mayo de 2022

PVSD: OBRADOIRO DE CAPOEIRA 2021/2022

O pasado xoves ás 09.20h e ata ás 11.00h, tivo lugar un obradoiro de CAPOEIRA no salón de actos do IES, este obradoiro foi organizado polo Departamento de Portugués como colaboración co "Proxecto de Vida Saudable e Deportiva do centro".

O obradoiro foi impartido pola "Escola de Capoeira Luanda de Ferrol".

Raça aterrizou en Ferrol no ano 2010 e puxo a funcionar a Escola de Capoeira Luanda. Ao principio comenzou con catro alumnos e a día de hoxe creceu moitísimo.

A Capoeira é unha arte marcial que combina a danza, a música e as acrobacias.

Trátade dun xogo, unha loita disfrazada con movementos armónicos que fan que parezca unha danza.

O instructor asegura que a capoeira non entende de idades nin de cualidades especiais, o único que se necesita é ter interese e motivación, pero despois cada un pode utilizar os seus puntos fortes e, a partir de ahí, entrenar e mellorar os aspectos que máis lle costan.

En canto aos beneficios que reporta esta actividade, son moitísimos.

Trátase dun deporte moi completo no que se traballa moito a flexibilidade, a forza, ou a coordinación, o que nos fai poñernos en forma e mellorar a nosa saúde. Pero, ademáis, a súa práctica promove o encontro entre persoas.

Raça destaca que quenes practican capoeira desenrolan e sumerxense na parte musical e cultural que arrastra consigo, participase tocando instrumentos de percusión, cantando, coñecendo a cultura brasileira ou falando portugués.

O importante é que os capoeiristas encóntranse nas rodas, e comparten a experiencia de tocar, de xogar, de cantar; polo que promovese a inclusión en todos os aspectos. Todos teñen lugar na roda, e todos poden disfrutar do xogo.


                                         ALGUNHAS FOTOS E VÍDEOS DA XORNADA