miércoles, 22 de junio de 2022

CONTRATOS-PROGRAMA: PROXECTO COLABORATIVO PARA A CONCIENCIACIÓN NO DESENVOLVEMENTO SOSTIBLE.

Este curso, relacionado co Contratos-Programa, xurdiu a idea de facer un proxecto colaborativo para a concienciación no desenvolvemento sostible.

Dende o departamento de Xeografía e Historia propuxeron unha actividade para a concienciación do desenvolvemento sostible mediante o uso que se fai da roupa, todo elo partindo dunha lectura, “La vuelta al mundo de un forro polar rojo”, o alumnado desenvolverá un Mercadillo Solidario, de roupa e calzado, que terá lugar o día 17 de xuño.

Os obxectivos que se traballarán serán os seguíntes:

Concienciar ao alumnado de que:

A cultura de “usar e tirar” na que vivimos ten consecuencias moi graves para o medio ambiente,
tanto no proceso de obtención de materias primas e fabricación do produto coma no proceso de reciclaxe ou
incineración do mesmo, cando deixa de ser útil.
A roupa que mercamos a baixo prezo, e que por iso non nos da reparo desprendernos dela, está fabricada en países
nos que as condicións dos traballadores e traballadoras son pésimas: longas xornadas e sen descanso, escasas medidas
de seguridade, salarios moi baixos e inexistencia de dereitos laborais.

Obxetivos de desenvolvemento sostible:
Objetivo de Desarrollo Sostenible 8: Trabajo Decente y Crecimiento  Económico | Agenda 2030 | Gobierno | gob.mx Objetivo de Desarrollo Sostenible 12: Producción y Consumo Responsables |  Agenda 2030 | Gobierno | gob.mx

A actividade pensouse para todo o alumnado de ESO e 1º BAC; pois FP básica e 2º BAC xa non estarán no centro na data a celebrar o mercadillo.


Para poder participar na actividade será necesario aportar, polo menos, unha prenda de roupa ou calzado, que terán que traer unha etiqueta na que apareza o nome completo e curso da persoa que fai a aportación.:


O alumnado de 3º ESO, e o profesorado voluntario, será o encargado de revisar as prendas. No caso de que algunha non reúna as condicións necesarias (non estar rota, remendada ou demasiado desgastada, e non estar desteñida ou con manchas) seralle devolta á persoa que a trouxera.


A roupa e calzado que sobre, despois de facer o mercadillo, será entregada ao departamento de servizos sociais do concello de Guitiriz.





Dende o Departamento de Educación Física a idea a desenvolver foi:


- Exposición de materiais de Educación Física construidos polo propio alumnado a semana previa ao mercadillo: 06-10 DE XUÑO.

- Xogar cos materiais construidos polo alumnado o mesmo día do mercadillo, 17 DE XUÑO

Os obxectivos a tratar foron: 

- Desarrollar hábitos de consumo responsable: reducir, reciclar, reutilizar.

- Traballar mediante o xogo ademáis da diversión, a creatividade, imaxinación, igualdade de xénero.

- Prevenir conductas erróneas e problemas como a obesidade infantil, creando hábitos saudables mediante o xogo.

- Concienciar sobre o consumismo, desenvolvemento sostible e educación ambiental.

As competencias educativas traballadas foron:

-  Competencia de conciencia e expresións culturais (máis concretamente na súa manifestación de patrimonio medioambiental).

-  Competencia social e cívica.

OS OBXECTIVOS DE DESENVOLVEMENTO SOSTIBLE QUE SE PRETENDEN TRABALLAR:

-          3. Salud e benestar.

-          5. Igualdade de xénero.

1    12. Producción e consumo responsables.


A colaboración do Departamento de Educación Física coa actividade está pensada para todo o alumnado de ESO e 1º BAC. 

Para poder participar na actividade cada alumno/a aportará unha etiqueta coas regras dun xogo, tamén os materiais para xogar a dito xogo construidos con materiais de reciclaxe.






                                                    FOTOS E VIDEO DA EXPOSICIÓN

viernes, 17 de junio de 2022

PVSD: "RUTA POR SETE MUIÑOS". EDUCACIÓN PLÁSTICA E VISUAL 3º E 4º ESO.

O venres, 17 de xuño de 2022, o alumnado das seccións bilingües de Educación Plástica e Visual de 3º e 4º da ESO acompañados pola súa profesora Nuria Pena, fixo unha actividade de despedida do curso relacionada co "Proxecta: Proxecto de Vida Saudable e Deportiva", saíron do centro a facer un roteiro fotográfico por "Sete Muiños" logo de estar traballando o tema de fotografía con materiais de fotografía en curso en 4º da ESO.














jueves, 16 de junio de 2022

PVSD: MULTIAVENTURA EN VILANOVA DE AROUSA. 2º E 3º ESO.

Os días 15 e 16 de xuño o alumnado de 2º e 3º ESO acompañado pola súa profesora Noemí Fernández Pedraza da materia de Educación Física, estivo en Vilanova de Arousa para facer distintas actividades deportivas: Paddle surf, Paddle surf gigante, Ring, Kaiak, Tiro con arco...actividade enmarcada dentro do Proxecta: Proxecto de centro de Vida Saudable e Deportiva.

A empresa encargada de dirixir as actividades deportivas foi "Camp Multiaventura" cun equipo de monitores/as que nos acompañou ao longo dos dous días que estivemos no Hotel Lasa e nos seus arredores, en concreto na Praia das Sinas.

Gracias polo voso magnifico comportamento.

Pasámolo xenial!


ALGUNHAS FOTOS E VIDEOS

martes, 14 de junio de 2022

PVSD: SURF 4º ESO,1º E 2º BAC.BASTIAGUEIRO 2022.

O martes día 14 de xuño o alumnado de 4º ESO, 1º e 2º BAC foi a realizar un bautismo de Surf coa empresa Prado Surf na praia de Bastiagueiro na Coruña acompañados polas súas profesoras Nuria Pena de Educación Plástica e Visual e Noemí Fdez Pedraza profesora de Educación Física.

Gracias polo voso magnifico comportamento!




FOTOS E VIDEOS DA XORNADA

lunes, 13 de junio de 2022

PVSD: ESPELEOLOXÍA NAS COVAS DO REI CINTOLO E FERVENZA DO SALTO DO CORO 3º ESO

Hoxe, 13 de xuño, o alumnado de 3º ESO foi a Mondoñedo acompañado polos seus profesores: José Engroba e Noemí Fernández.

A actividade enmarcada dentro do proxecta: Proxecto Deportivo de Centro, consistiu nunha visita as Covas do Rei Cintolo a facer espeleoloxía e unha pequena ruta de sendeirismo ata a fervenza do Salto do Coro.

Rematamos a xornada xantando en Mondoñedo.

Pasámolo xenial!






martes, 7 de junio de 2022

PVSD: KAIAK E SENDEIRISMO. PONTEDEUME 2º ESO

O día 06 de xuño do 2022, o alumnado de 2º ESO foi ao clube náutico do Firrete en Pontedeume, acompañados polos seus profesores José Engroba, Fran Loureiro e Noemí Fernández.

Alí disfrutaron dunha xornada na que fixeron unha ruta de Kaiak en mar e unha ruta de sendeirismo, actividade enmarcada dentro do Proxecta: Proxecto de Vida Saudable e Deportiva.

O alumnado foi dividido en dous grupos:

Un grupo fixo a ruta de Kaiak dende o náutico do Firrete ao pobo de Redes e despois fixo a ruta de sendeirismo dende o pobo de Redes ata a praia de Cabanas, o outro grupo fixo as actividades a inversa.

Gracias polo voso comportamento!




FOTOS DA XORNADA

lunes, 6 de junio de 2022

PVSD: PARQUE DE AVENTURA ROQ PARK. VIVEIRO 1º ESO

O alumnado de 1º ESO do IES Poeta Díaz Castro de Guitiriz, disfrutou dunha xornada no parque de aventura Roq Park de Viveiro, acompañados polas súas titoras Lucía e Mari Carmen e a coordinadora do Proxecto de Vida Deportiva e Saudable do centro, Noemí Fernández Pedraza.

Tamén visitaron o mirador do monte de San Roque, onde disfrutaron das vistas de Viveiro.

                                         


ALGUNHAS FOTOS DA XORNADA


martes, 31 de mayo de 2022

PVSD: TREASURE HUNT. CAZA DO TESOURO. 3º e 4º da ESO

Nesta actividade, colaboración co Proxecta: Proxecto de Vida Saudable e Deportiva, animouse ao alumnado de 3º e 4º da ESO a seguir unhas pistas polo centro que tiñan preguntas de distinto tipo, pero as cales estaban todas relacionadas co contido gramatical e léxico visto durante todo o curso da materia de inglés.

Cada clase participou nesta actividade na súa hora semanal da materia de inglés na que teñen clase co auxiliar de conversa e saiuse da clase de referencia para buscar pistas por todo o centro.

Dividiuse a clase en grupos de tres e catro persoas, segundo permitían o número de alumnado en cada clase  e deuselles a cada grupo unha pista diferente, para empezar en puntos diferentes. Tamén se lles repartiu unha ficha de respostas onde tiñan que anotar as solucións ás preguntas. Despois de que recibiran a primeira pista que lles indicaba a qué parte do centro se tiñan que dirixir, alí logo de buscar o papel coa pregunta e respondela na ficha de respostas, tiñan tamén unha pista que lles dicía a onde se tiñan que dirixir despois. Así recorreron todo o centro buscando as pistas e respondendo as preguntas ata que chegaban ó punto de partida.

Cada resposta correcta recibía unha puntuación e os que máis rápido remataban a tarefa tamén recibían puntos a maiores. Isto animaba ó alumnado a respostar correctamente ás preguntas ó igual que lles facía estar involucrados na tarefa, xa que competían coas compañeiras e compañeiros tamén en rapidez. O grupo gañador gañaba un cofre cun premio, a modo de reforzo positivo, que podían repartir co resto do alumnado. Con esta tarefa o alumnado abandonou a súa clase de referencia, facendo actividade física e poñendo a proba ao mesmo tempo os seus coñecementos da materia. 

TREASURE HUNT

This class activity, connected with "Proxecta: Healthy and Sporty life", encouraged the students of 3rd and 4th of Secondary to follow clues around the school. premises These clues had also questions of different nature, but they all were related with the grammatical and lexical content acquired during the whole school year. Each class participated in this activity during their normal weekly English session with the conversational assistant, and they left their classroom of reference to look for the clues around the entire school building.

The class has been divided in groups of three or four students, depending on the number of students in each class. Each group was given a different clue, to start at different points of the hunt. An answer sheet was given out to each group of students, where they had to write down the answers to the questions made in the different clues. After receiving the first clue in the classroom, which lead them to their first question that was hidden in the school building, they had to answer the question on their answer sheet and get to the next question with the help of the next clue given at the same place where the question was. This is how they got around the entire school premises, looking for the questions and clues, answering the clues, until they got to their starting point.

Each correct answer received a certain amount of points and the groups that finished the task first also received extra points for their speed. This encouraged students to answer the questions correctly, as well as being motivated to finish fast, as they were competing with their classmates in speed. The winning team won a treasure chest filled with a prize, in order to give positive reinforcement, which they could share with their classmates. This task encouraged the students to leave their normal set of learning environment and they did Physical Education at the same time that they could test their own capabilities and knowledge of the content of this subject studied during the entire school year. 










jueves, 26 de mayo de 2022

PVSD: PREPARACIÓN NA AULA DE MÚSICA DA XORNADA DE ACOLLIDA AO ALUMNADO QUE VIRÁ O VINDEIRO CURSO AO CENTRO DENDE DISTINTOS CEIP.

O alumnado de música de 1º, 2º e 3º da ESO, traballou a coreografía de "Terra" ( o tema das Tanxugueiras) durante o mes de maio. 

A finalidade era facer unha actividade musical con movementos de danza, convidando ao alumnado de 6º de EP dos CEIP da comarca (CEIP Santo Estevo de Parga, CEIP Lagostelle,  a bailar con eles, na xuntanza do día 25 de maio.

Por outra banda, todos os conceptos musicais traballados na aula, na partitura, son agora traballados tamén co movemento corporal, o que afianza o coñecemento adquirido anteriormente.

O profesorado de Música dos tres centros colaborou activamente na organización e desenvolvemento da actividade (compartindo materiais, tutoriais...)

Con esta actividade adquiríronse valores tales como: traballo en equipo, empatía, amizade cos futuros alumnos do IES...


DANZA COLECTIVA: XORNADA DE ACOLLIDA AO ALUMNADO



lunes, 23 de mayo de 2022

PVSD: RÁFTING 1º BACHARELATO.

Hoxe, día 23 de maio, estivemos co alumnado de 1º de Bacharelato en Herbón (Padrón) practicando e aprendendo unha nova especialidade deportiva, Ráfting polo río Ulla, actividade enmarcada dentro do Proxecto Deportivo de Vida Activa e saudable do centro, coordinado polo Departamento de Educación Física.

Nesta ocasión o profesorado acompañante foi Noemí Fernández Pedraza do Departamento de Educación Física e o auxiliar de conversa Thomas Hermsen.

Moitas gracias polo voso impecable comportamento e saber estar!








viernes, 20 de mayo de 2022

PVSD: LIGA INTERNA DE XADREZ.

Durante os meses de abril e maio tivo lugar na biblioteca do centro a liga interna de Xadrez coordinada polo Departamento de Educación Física, actividade enmarcada dentro do Proxecto de Vida Activa e Saudable do centro.

Na liga interna participou alumnado de cursos da ESO e BAC, profesorado e o noso auxiliar de conversa Thomas Hermsen

Este ano os vencedores foron:

 -Comunidade educativa: o profesor do Departamento de Matemáticas: Xosé.

- Alumnado do IES: Jaime Beres Amenedo.

Parabéns aos vencedores!







viernes, 13 de mayo de 2022

PVSD: CONCURSO BALONCESTO: LANZAMIENTOS A CANASTA

 Na semana do 09 ao 13 de maio, no tempo de lecer, fíxose un concurso de lanzamentos a canasta, participou alumnado dende 1º da ESO ata 2º BAC e profesorado.

O concurso consistiu en:

- 10 lanzamentos a canasta dende cinco postas diferentes, con dous balóns en cada posta, co primeiro balón encestado de cada posta obteríase1 punto e co segundo balón 2 puntos.

-6 lanzamentos a canasta dende dúas postas diferentes á altura dos lanzamentos triplos, con tres balóns en cada posta, con cada lanzamento encestado obteríase 3 puntos.

Os postos acadados na ESO e BAC foron: 

CATEGORÍA ALUMNADO MASCULINO

1º POSTO: 

Danny Andrew Whitten Losada de 3º ESO

2º POSTO: 

Xoel Ferreiro Rosende de 2º BAC

         Yago Martínez Pena de 1º BAC

3º POSTO: Daniel García Cordeiro de 1º BAC

CATEGORÍA ALUMNADO FEMININO

1º POSTO: Marta Elisa Sanmartín Campello de 1º BAC

2º POSTO: Ainara Barrul Miranda de 2º BAC

3º POSTO: Irene López Fernández de 3ºESO











CATEGORÍA PROFESORADO

1º POSTO: Fran Loureiro González

2º POSTO: Miguel Anxo Barreiro Díaz

3º POSTO: Noemí Fernández Pedraza