lunes, 20 de diciembre de 2021

BILINGUAL SECTION: CARDIO PULMONARY RESUSCITATION (PCR)AND AUTOMATED EXTERNAL DEFIBRILLATOR (AED).

 

Cardiac arrest, which often leads to a heart attack, is frighteningly common: every minute of every day there is another victim, according to the American Red Cross. Almost 80% of cardiac arrests occur at home and are witnessed by a family member.

 Would you know what to do if someone you loved experienced a cardiac emergency? 

Make sure you're prepared, it´s so important to have taken a CPR (cardiopulmonary resuscitation) class and get trained to use an automated external defibrillator, or AED. 

It could mean the difference between life and death.


YANIRA, MACI,ANXO, PAULA, NEREA


NARA, NOA, LUCÍA M, LUCÍA R, SILVIA, DANIELA



viernes, 17 de diciembre de 2021

GARDAS E TEMPO DE LECER ACTIVOS.

Durante todo o curso fixéronse gardas e tempo de lecer activos.

No periodo de garda o profesorado encargado da mesma baixounos ao patio con distintos materiais deportivos para que puidesen aproveitar o tempo movéndose.

No tempo de lecer: 1º e 2º ESO alternouse con 3º, 4º e FP básica as zonas de ocio. 

- Unha semana estivo na pista polideportiva 1º e 2º ESO e a semana seguínte ían para a zona das mesas de tenis de mesa.

 - 3º, 4º E FP básica, estaban na pista polideportiva cando 1º e 2º ESO estaban nas mesas de tenis de mesa e a semana seguínte cambiaban.

- 1º e 2º de bacharelato estiveron sempre no ximnasio.

Alternáronse deportes e xogos nas distintas zonas: tenis de mesa, voleibol, baloncesto, fútbol, balón prisionero, hockey...

martes, 14 de diciembre de 2021

SAÍDA DEPORTIVA AO URBAN PLANET DE OLEIROS.

O lúns día 13 de decembro o alumnado de 1º e 2º BAC acudiu a Oleiros a unha xornada diferente, ao "Urban Planet",  un lugar con máis de 50 camas elásticas interconectadas nas que puxeron a proba a súas habilidades de salto no trampoline park que conta con: canastas de baloncesto, canchas de Dodgeball e a  piscina de espuma máis grande de Galicia. 

Pasaron unha xornada deportiva e divertida!
Grazas polo voso comportamento exemplar, espero que disfrutárades ao máximo.


lunes, 13 de diciembre de 2021

RCP NA AULA.

 

 Cada ano hai 700.000 mortes en Europa por parada cardíaca súbita, 40% das victimas teñen vibrilación ventricular, hai un alto índice de recuperación si se actúa antes da asistolia.

O tratamento óptimo en caso de parada cardíaca en fibrilación ventricular é unha Reanimación Cardio respiratoria inmediata por testigo (RCP) máis unha desfibrilación eléctrica (DESA).

A supervivencia dunha persoa depende do inicio da cadea de supervivencia: unha RCP inmediata proporciona un flujo sanguíneo mínimo pero crítico para o corazón e o cerebro.

Neste programa que estase a levar a cabo na aula: "RCP na aula", aprendemos os distintos protocolos de actuación en caso de emerxencia: reanimación cardio respiratoria (RCP), o manexo do desfibrilador semiautomático (DESA), os eslabóns da cadea de supervivencia, a maniobra Heimlich...

Ademáis de traballar na aula cos muñecos de reanimación e co DESA, tamén fixeron unhas montaxes de vídeo repasando os distintos pasos do protocolo C de actuación, o máis completo, persoa INCONSCIENTE QUE NON RESPIRA

VIDEOS FEITOS POLO ALUMNADO

JOEL, DAVID, ALEXANDRE, LUCAS,ADRIÁN.

LIDIA, BEA, JAVI, IVÁN.

VICTOR, MARIO, GABRIEL, IVÁN.

miércoles, 1 de diciembre de 2021

PROXECTO: "VOZ NATURA", ROTEIROS EN BUSCA DE QUERCUS ROBUR

O departamento de Educación Física está colaborando co Proxecto "Voz Natura " que estase a desenvolver no centro, en concreto co referido ao cultivo de especies arbóreas autóctonas.

No mes de outubro fixéronse distintas saídas na contorna do IES polo Concello de Guitiriz na procura da especie arbórea Quercus Robur, máis tarde elaboráronse distintos roteiros tendo en conta as zonas onde se atopou dita especie.

A finais do mes de outubro e principios de novembro o alumnado de 2º, 3º e 4º ESO, na súa hora de Educación Física, percorreu os distintos roteiros elaborados pola contorna do Concello de Guitiriz para recoller sementes, landras,  do Quercus Robur do chan das carballeiras e zonas seleccionadas, coa finalidade de conservar a variedade das poboacions locais que serán as mellor adaptadas ás caracteristícas climáticas e edáficas do lugar.

As landras recollidas foron aquelas de maior tamaño e mellor aspecto ( cortiza marrón escuro e brillante).

De seguido mostramos as rutas elaboradas en función da presencia do Quercus Robur:

                                                                   

  RUTA A DOS ROTEIROS VOZ NATURA