jueves, 25 de marzo de 2021

PDC E PROXECTO DIDÁCTICO DE AULA INTERDISCIPLINAR DE 3º ESO: ETIQUETAMOS MÚSCULOS.

O traballo relacionado co proxecto: etiquetados, deste trimestre para 3º ESO, corresponde con facer unha guía de estiramentos musculares accesible para persoas con discapacidad cognitiva.

Primeiro, debedes organizarvos en grupos de catro persoas para traballar.

Despois, debedes seleccionar os exercicios de estiramentos musculares que ídes grabar con posterioridade (dous ou tres exercicios por persoa, se queredes máis podedes, non podedes repetir os exercicios dentro do mesmo grupo)

Unha vez escollidos os exercicios, pasaredes a realizar a grabación dos mesmos, teredes que sair na montaxe de vídeo todos os membros do equipo executando exercicios e montaredes un video coas grabacións (o video terá os exercicios, música, carteis que consideredes, audio que grabedes..)

Podedes realizar a montaxe do video con app gratuitas para android como: inshot, vivavideo, FilmoraGO, AdobePremiereRush, Quik, KineMaster, YouCut, Cyberlink ActionDirector, VideoShow, moitas delas disponibles para IOS tamén como: inshot, imovie...

Lembrade que a información que debe salir no vídeo debe ser clara, precisa e concisa, polo que as explicacións que fagades dos exercicios, deben ser un simple cartel ou un par de palabras indicando o exercicio do que se trata, esta guía resultará moi útil para persoas con diversidade funcional que farán exercicio gracias a vós.

Botade unha ollada a este enlace que vos deixo sobre músculos:

https://view.genial.ly/60075153e1ef6e0d2aa3a660/interactive-image-imagen-interactiva-copia

PODENSE VER  DE SEGUIDO AS GUÍAS DE ESTIRAMENTOS REALIZADAS, no seguinte link e nos códigos QR.

https://photos.app.goo.gl/uzJRB7mQNJYpL5aT8

EDUCACIÓN FÍSICA EN PORTUGÜÉS: MODALIDADES DO DESPORTO.

 MODALIDADES DO DESPORTO.

Na clase de Portugüés de 3 y 4º ESO con María Miragaya, estiveron traballando léxico deportivo: modalidades do desporto.

Outro exemplo máis de que a Educación Física pode traballarse desde distintos ámbitos e materias.

Bravo!




jueves, 18 de marzo de 2021

PDC E PROXECTO EDUCATIVO DE AULA INTERDISCIPLINAR DE 2º ESO: O MINISTERIO DO TEMPO. MISIÓN 2: DETER A SABOTAXE.

 Un grupo de terroristas rusos logran viaxar no tempo ata 1969 co obxectivo de sabotear a misión americana.

Os/as bolseiros/as do Ministerio deben deter este ataque para que a historia non se vexa modificada…

Para elo recibirán un curso que lles preparará física e mentalmente, xa se sabe: “Mens sana in corpore sano”. No curso aprenderán estiramentos musculares, para manter o seu corpo en forma de cara a frear o ataque terrorista dos rusos, sabotear a misión Apolo XI, non se pode correr o risco de perder bolseiros/as por mor de lesión muscular, precisase o equipo de bolseiros/as ao completo.

A Dirección Xeral de Actividade Físico Deportiva brindaralles axuda para realizar ditos estiramentos correctamente.


Pódese atopar máis información no seguínte link:

Proxecto 2º ESO - Misión 2_1969 (google.com)




miércoles, 17 de marzo de 2021

RECREOS ACTIVOS: ESO, BAC E FP BÁSICA.

Dende hoxe día 17 de marzo por fín volve haber sons no ximnasio: música, balóns, berros...
Tiñamos moitas ganas de comenzar de novo a facer deporte no tempo de lecer!

Os recreos activos vanse organizar do seguinte xeito e respectando os mesmos grupos de convivencia que temos no tempo de lecer.
- Faranse actividades deportivas e expresivas entre o alumnado de 1º e 2º ESO no ximnasio.
- Faranse actividades deportivas e expresivas entre o alumnado de 3º , 4º ESO e FP Básica no ximnasio.
- Faranse actividades deportivas e expresivas entre o alumnado de 1º e 2º BAC no ximnasio.

Empregarase o tempo de lecer e os distintos grupos de convivencia irán rotando os días establecidos ás horas marcadas:

LUNS: 13:00H-13:20H
MARTES: 11:00H-11:20H
MÉRCORES: 11:00H-11:30H
XOVES: 11:00H-11:30H
VENRES: 11:00H-11:30H

Faranse actividades variadas: balón prisionero, hockey, baloncesto, voleibol, coreografías de baile...