jueves, 28 de enero de 2021

CARREIRAS DE ORIENTACIÓN DEPORTIVA.

 A orientación é a capacidade que temos os seres vivos de situarnos no espacio, identificando tanto o lugar onde estamos como aquel ao que deseamos chegar.

A Orientación Deportiva é unha modadalidade deportiva na que o obxectivo do participante é realizar no menor tempo posible un percorrido marcado no plano e sobre o terreo por puntos de control. A carreira realizase dende a saída ata a meta visitando os puntos de control na orde indicada sobre o plano, de maneira individual e co compás como único instrumento válido de axuda.

Comenzamos o trimestre orientándonos no noso espacio próximo, Guitiriz. 

3º e 4º da ESO saíron ao pobo e fixeron o percorrido que se lles deu no menor tempo posible por pequenos grupos, en 4º da ESO o percorrido tivo temática: "Cadea de supervivencia" ( Tiñan que facer o percorrido pola orde que pensaban que é a cadea de supervivencia) e en 3º ESO: "Carteis artesanais" (marcouselles un percorrido e tiñan que sacar unha foto no lugar atopado)



              3º ESO .                          


4º ESO.

















martes, 26 de enero de 2021

PROXECTO DEPORTIVO DE CENTRO: ACTIVIDADE FÍSICA E DEPORTE EN FRANCÉS, ALUMNADO DE FRANCÉS 2º ESO A e B

Esta actividade queda enmarcada dentro da modalidade "MMAF MÁIS E MELLOR ACTIVIDADE FÍSICA." do Proxecta: Proxecto Deportivo de Centro.  Impartindo contidos curriculares comúns ou propios a través da actividade física, para así incrementar a carga de actividade física lectiva do alumnado.

De seguido podedes ver un video do alumnado falando sobre actividade física e deporte en Francés.

EXPOSICIÓNS ORAIS FRANCÉS SOBRE ACTIVIDADE FÍSICA E DEPORTE.