jueves, 11 de abril de 2019

XORNADA BILINGÜE DE CULTURA GALEGA E DE PAÍSES DE FALA INGLESA.


Con motivo da "I Xornada Deportivo-Artística de Seccións Bilingües" organizada polos departamentos de Educación Física e Educación Plástica e Artística, os departamentos de Actividades Extraescolares, Inglés, Galego, Música e Linguas Castelá e Galega colaboraron na actividade interdisciplinar e  intercentros (IES Poeta Díaz Castro, CEIP Plurilingüe Santo Estevo de Parga e CEIP Lagostelle) o día 11 de abril ás 11.15h.
Todos disfrutamos dun día cheo de xogos  galegos e de países de fala inglesa, gastronomía, música, arte e unha cazaría de ovos de pascua na praza do "Campo da Feira de Guitiriz",  os rapaces (e os non tan rapaces) pasaron un día distinto e moi divertido.

Vigotsky como teórico do construtivismo dicíanos que canto máis atractiva sexa unha actividade, máis significativo será a aprendizaxe que obteñamos a longo prazo e permanecerá nos nosos alumnos por máis tempo, espero que as boas vivencias permanezcan en todos/as vós por sempre.

Por iso, esta xornada tivo a misión de:
-Promover o pracer pola Lingua Estranxeira: Inglés, Música, Educación Física, Educación Plástica e Visual, Linguas Castelá e Galega.
-Valorar o xogo tradicional doutros países e do propio como medio de gozar e de relación cos demáis.
-Formar persoas competentes que poidan utilizar as linguas para falar, comprender, ler e escribir creando actitudes positivas cara ás mesmas e, ao mesmo tempo, axudar a comprender e valorar a lingua propia.
-Entender mellor a realidade, de formarse integralmente, de relacionarse con membros doutros países, de enriquecer o seu mundo cultural favorecendo actitudes de respecto e tolerancia.
-Integrarnos nun sistema educativo dinámico, que adapta o ensino á demanda da vida real.
-Promover un bilingüismo cunha formulación de Comunidade de Aprendizaxe (toda a Comunidade Educativa vai estar implicada no desenvolvemento do proxecto: familias, profesorado e alumnado dos distintos centros escolares, Concello, voluntarios,…)
-Favorecer o espírito emprendedor, traballo en equipo, coordinación, relación e formación intra e inter centros, mediante actividades e experiencias  conxuntas entre o IES e  os centros de primaria do mesmo Concello.
-Desenvolver a competencia comunicativa do alumnado e das competencias intrapersonales, interpersoais e interculturais que lle axuden a evolucionar como individuo autónomo capaz de desenvolverse con éxito nunha sociedade pluricultural.

A lista de agradecementos é extensa, agradecemos o traballo dos auxiliares de conversa: James, Nini e Elena, agradecementos tamén ás direccións e aos profesores dos tres centros implicados, ao Concello de Guitiriz e ao Técnico de Deportes: Manolo.
Finalmente mandamos un especial agradecemento ao alumnado dos tres centros pola participación, colaboración, traballo, cariño, esforzo, dedicación e limpeza en todo momento.


Todos vós fixestes desta actividade un éxito.
GRACIAS!



                                                              FOTOS DA XORNADA

lunes, 1 de abril de 2019

PROGRAMA CONTRATO: 3ª AVALIACIÓN.

Nesta avaliación, relacionado cos estándares de conceptos, todos os grupos farán unha proba dos conceptos da temática da súa saída ao medio natural, polo que non debedes ter en conta as datas fixadas para examen escrito.

De seguido deixovos as datas dos exames e das exposicións orais da segunda avaliación:

1º ESO "A"

EXPOSICIÓN ORAL: 30 DE ABRIL

Lucía Díaz Caldas
Victor Estraviz
Silvia Freire
Gabriel Iglesias
Noa Longarela


1º ESO "B"

EXPOSICIÓN ORAL: 29 DE ABRIL

Lara Díaz
Hugo Fontela
Lolo
Iván Gestler
Nara Gómez

2º ESO"A"


EXPOSICIÓN ORAL:30 DE ABRIL

Raúl Paredes
Hugo Sanmartín
Abel Pena


3º BILINGÜE E NON BILINGÜE.

Avaliaránse mediante a súa intervención nos "Roteiros".

4 º ESO "A"

EXPOSICIÓN ORAL:16 DE MAIO

Lara Novo
Martín Rivera Pampín
David Sanmartín



4 º ESO "B"

EXPOSICIÓN ORAL:16 DE MAIO

Manuel Lorenzo
Sandra Rivera
Antía Vaamonde