jueves, 23 de febrero de 2017

DEPORTE, MÚSICA E VALORES

"Nun mundo paralizado polo excesivo consumo tecnolóxico, atopamos o encanto do rural e unhas zapatillas para botarnos a andar, correr e mesmo brincar"



Onte presentouse no IES o proxecto audiovisual creado na aula de música; "Hai unha estrela no teu interior" para traballar a educación en valores a través da música e o deporte. A mensaxe envíase a través da canción ou Himno do Deporte Galego "Chegaremos xuntos", composto pola profesora de Música  Sandra Tenreiro Doldán interpretado e gravado polo alumnado de música de 1º de Bacharelato no centro. A letra atopou a súa inspiración nos textos escritos polo alumnado de Educación Física coordinados por Noemí Fernández Pedraza, profesora de Educación Física. O poder das ensinanzas artísticas e o deporte na educación.

miércoles, 22 de febrero de 2017

XORNADA: "DEPORTE E ESTUDIO"

O mércores 22 de febreiro tivemos a sorte de contar coa presenza no centro dos xogadores do C.B. Breogán Café as Candelas: José Salvador Arco Frías e Rafael Huertas Navajas, ademáis de co seu preparador físico o Guitiricense José Miragaya.
A xornada comezou no Salón de Actos ás 12,50h coa presenza de alumnado de todos os cursos do instituto.
Presentouse o vídeo: "Hai unha estrela non teu interior", traballo interdisciplinar dos Departamentos de Educación Física e Música, no cal Sandra Tenreiro compuxo unha canción inspirada nos Himnos do deporte elaborados polo alumnado, para a materia de Educación Física.

Despois o alumnado de 1º ESO que presentou a xornada falounos sobre:
- Breve historia do club
- Estrelas do club. Pasado e presente.

Máis tarde os xogadores e o preparador físico deron unha charla sobre "Estudo e Deporte".
A xornada finalizou con sesión de fotos, firma de autógrafos, agradecementos, agasallos para o club e recomendación do libro: "O Cincuentenario do Breogán" do asturiano Cipriano Fernández.




miércoles, 15 de febrero de 2017

APUNTES DO SEGUNDO TRIMESTRE.

1º ESO:
https://www.dropbox.com/sh/vubwohy5vpdalt0/AABr_2GQR0Uk_Xz6rnBygu6Wa?dl=0

2º ESO:
https://www.dropbox.com/sh/vubwohy5vpdalt0/AABr_2GQR0Uk_Xz6rnBygu6Wa?dl=0

3º ESO:
https://www.dropbox.com/sh/eu9926zjzsc0r8v/AAB9Je3TECZ4JzjnImiPOVkEa?dl=0

3º ESO BILINGÜE:
https://www.dropbox.com/sh/m61vfy0k67flewa/AABIPR_ztW3DZOZPpLjvcwTba?dl=0

4º ESO:
https://www.dropbox.com/sh/l0lwih5ismwf1oq/AABi0U7-3AhLAkJuC7IyVVN2a?dl=0

martes, 14 de febrero de 2017

GAÑADORES LIGAS INTERNAS DE BALONCESTO.

Durante o primeiro e segundo trimestre, xogóuse a liga interna de Baloncesto do primeiro ciclo da ESO (1º e 2º), e a liga de 3º, 4º e Bachillerato.

Noraboa aos campeóns 2º ESO B, PMAR e 2º Bachillerato!





miércoles, 8 de febrero de 2017

LIGA DE XADREZ.

O Mércores 08 de febreiro do 2017, xogáronse no hall do instituto as finais das ligas de Xadrez  de 1º, 2º e 3º da ESO por unha banda e pola outra de 4º de ESO, 1º e 2º BAC.

Os finalistas foron:
-          Rubén Lobeiras Martínez e Eva Fernández Paderne, na liga de 3º, 4º e BAC
-          Paulo Lobeiras Martínez e Manuel Lorenzo García, na liga de 1º e 2º ESO


Os gañadores do torneo tras unhas partidas moi igualadas foron:


RUBÉN LOBEIRAS E MANUEL LORENZO.








viernes, 3 de febrero de 2017

DATAS DE EXPOSICIÓNS ORAIS E EXAMES DA ASIGNATURA DO SEGUNDO TRIMESTRE.

A continuación podedes ver as datas dos exames da materia e das exposicións orais do segundo trimestre para cada un dos cursos:

1º ESO
30 DE XANEIRO EXPOSICIÓN ORAL.
González Vázquez, Adrián
Núñez Porto, Uxía
Pena Lozano, Aldara

Pena Piñeiro, Aitor

22 DE FEBREIRO EXAMEN

2º ESO"A"
02 DE FEBREIRO EXPOSICIÓN ORAL
Paz Garrido, Lucía

Pereira Vilas, Santiago

20 DE FEBREIRO EXAMEN.

2º ESO"B"
02 DE FEBREIRO EXPOSICIÓN ORAL
Ansede Teijido, Cristian
Carballido Martínez, Noemí

21 DE FEBREIRO EXAMEN.

3º BILINGÜE
9 FEBREIRO EXPOSICIÓN ORAL
Nerea Amarelo Teijido
Alba Mª Amil Barral
Juan López Fernández
Antón López Fraga

21 FEBREIRO EXAMEN

3º NO BILINGÜE

20 FEBREIRO EXAMEN

4 º ESO
07 FEBREIRO EXPOSICIÓN ORAL
Lucía Campos González
Aida Cobas Río
Rubén Fontao Roca
Andrea Pérez Calvo

07 DE MARZO EXAMEN



jueves, 2 de febrero de 2017

XORNADA DE INICIACIÓN AO RUGBY

Os días 25 e 31 de xaneiro, tivemos unhas xornadas de "Iniciación ao Rugby" a cargo do club "Muralla RC" da cidade de Lugo co alumnado de 3º da ESO.

Moitas grazas Manolo Miranda e colaboradores polas túas ensinanzas!



Para realizar a inscripción achégate a un dos adestramentos ou consúltanos as túas dúbidas en escola@murallarugby.com . Proba e infórmate!

Aquí deixo algunhas imaxes das xornadas.